Publicacións

Pasou en 1906

Imaxe
O 29 de xuño, inaugúrase en Ourense o II Congreso dos Socialistas Galegos. Enrique Botana é reelixido Presidente do Comité Rexional, organismo que seguirá tendo a súa sede en Vigo.

O PSdeG-PSOE analizará o papel clave dos socialistas na consecución do Estatuto de Autonomía de Galicia

Imaxe
O PSdeG-PSOE de Ourense analizará nunha mesa de debate o papel clave dos socialistas na consecución do estatuto de autonomía de Galicia. Durante o proceso de elaboración da actual norma institucional básica galega, os socialistas loitaron especialmente para que o texto resultante se aproximase o máximo posible ó espírito progresista, para a máxima asunción de competencias, e para que puidese ser presentado nas Cortes Xerais o 28 de xuño, xusto no 43º aniversario do plebiscito ó primeiro estatuto, que non chegou a entrar en vigor por culpa do golpe de estado fascista dos franquistas e o posterior inicio da guerra.

Mesa debate viernes sede PSOE

O acto organizado pola secretaría provincial de memoria histórica terá lugar o vindeiro venres día 22 de xuño ás 20:30 horas na sede provincial do partido, e contará coa presenza de José Vázquez Fouz, figura política nuclear para acadar o estatuto galego, e de Carlos Pereira Martínez, militante do partido e biógrafo do socialista galeguista Xaime…

Pasou en 1911

Imaxe
No mes de xullo do 1911, e no Centro Obreiro de Ourense, celebrouse o IV Congreso da Federación Socialista de Galicia. Acordouse que sexa Vigo o lugar onde resida o Comité Rexional da Federación.

A primeira estrutura provincial da historia do socialismo ourensán: A Federación Agraria e de Colectividades Socialistas de Ourense (1931)

Imaxe
A estrutura provincial das forzas socialistas, malia o que poida parecer, non é nin moito menos a máis tradicional no seo do noso partido. Tal é así que tan só temos que retrotraernos ao ano 2009 para ver como o PSdeG apostaba pola vixente configuración, a cal o paso do tempo non parece terlle sentado ben. Sen entrar en maiores consideracións, desexamos lembrar aquí á que realmente foi a primeira organización de carácter provincial das forzas socialistas, pois en boa medida é descoñecida polo público en xeral.

O crecemento experimentado polo socialismo durante os anos ´20 e o novo horizonte aberto tras a instauración da IIª República, que traerá consigo un novo e notable incremento dos efectivos socialistas e uxetistas en toda a provincia, obrigou ao PSOE e á UGT a unha nova reorganización dos seus efectivos co obxectivo coñecer con maior exactitude a dimensión e implantación das súas sociedades, mellorar a coordinación e comunicación coas células locais e contruír as sólidas bases s…

Protagonistas na Transición: Celso Montero Rodríguez (1930-2003)

Imaxe
Nacido en Quintela de Leirado en 1930, foi membro do goberno pre-autonómico galego e senador do PSOE pola provincia de Ourense. Fillo dun emigrante en Guinea Ecuatorial, as penurias económicas determinaron que estudiara no Seminario de Ourense. Ordenado sacerdote, estudou a carreira eclesiástica na Universidade Pontificia de Comillas (Santander). En 1965, no seminario de Cochabamba (Bolivia) coincidiu con compañeiros que se unirían á guerrilla que iniciara o Ché Guevara. Os seus contactos co marxismo foron da man de Régis Debray, pero unha decepcionante visita a La Habana en 1969 fano reflexionar sobre os seus posicionamentos políticos. Xa de volta en Ourense abandona os hábitos por mor de certos enfrontamentos co conservador bispo Monseñor Temiño. En 1976, da man do xornalista Alfonso Palomares e outros compañeiros da provincia fundou e organizou o PSOE ourensán. Foi un dos catro representantes socialistas galegos na Lexislatura Constituínte (1977-1979) procedente da Candidatura Dem…

José Verdes Montenegro y Montoro (Madrid, 1865- Méco DF, 1939)

Imaxe
Nacido en Madrid en 1865, foi un dos máis destacados intelectuais do socialismo español. Estudante na Institución Libre de Enseñanza, licenciaríase en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid entre os anos 1885 e 1892. En novembro de 1899 chegaría a Ourense tras obter por concurso a Cátedra de Filosofía no Instituto Provincial, curiosamente  ocupada en 1897 polo que anos máis adiante sería outro gran líder do socialismo español, Julián Besteiro. Dende un principio José Verdes implicouse directamente na marcha da vida societaria da cidade, preocupándose fundamentalmente pola formación ideolóxica da clase obreira ourensá. Así pois, tan habituais eran as súas charlas e conferencias no Centro Obreiro como a súa participación en mitins de propaganda. Entre outras conferencias impartiu algunhas como El socialismo, la herencia y la propiedad, El socialismo y la familia, El trabajo y sus leyes, El socialismo y los ahorros e un longo etcétera. En 1901 acudirá como candidato ás e…

Alfonso Ortega Prada (1902-1944): A traxedia tras a traxedia

Imaxe
Nace o 17 de maio de 1902 en San Justo de Sanabria, Zamora. En 1930 instálase en Xares (A Veiga) coa súa familia, onde pouco tempo despois acadaría a secretaría da Sociedade Agraria de Xares (1933), creada anos atrás –en 1931- como resposta ó caciquismo imperante e integrante da FNTT-UGT dende os seus inicios. Esta sociedade chegou a ter 800 afiliados. Militante uxetista e socialista, o 03 de marzo de 1936 entra na Comisión xestora do Concello de A Veiga. Fervente crente no proxecto republicano, será integrante do Comité de Defensa da República de A Veiga nos primeiros momentos do alzamento nacional. Foi xulgado por un delito de rebelión militar, pero declarado en rebeldía –fuxido-. Iso non librou ao seu entorno familiar da sañuda represión dos falanxistas, pois queimáranlle a casa e detiveran á súa muller en varias ocasións para obrigala a informar do paradoiro de Ortega Prada. Tamén a súa nai foi expulsada polos falanxistas da vila de Xares. Permanecerá fuxido disfrazado de xornale…

Tal día coma hoxe en 1929: A inauguración da Casa do Pobo de Ourense

Imaxe
Coincidindo coa celebración do 1º de Maio inaugurouse en 1929 a Casa do Pobo de Ourense. Entre os actos programados destacan dúas conferencias impartidas polo Delegado da Oficina Internacional do Traballo, Fabra Rivas. 
Con tal motivo, animámosvos a ler a entrada publicada tempo atrás sobre a casa do pobo de Ourense.
Feliz Día do Traballo!!!
https://ourensesocialista.blogspot.com.es/2018/02/a-casa-do-pobo-de-ourense.html

Severino Nóvoa Gutiérrez

Natural e veciño de Ourense, este camareiro foi militante socialista e das Xuventudes Socialistas de Ourense, era o presidente da Sociedade de Camareiros, cociñeiros e similares (UGT) desta localidade. Dirixiu con Armando Fernández Mazas e outros o xornal antifascista Espartaco. Tras a folga revolucionaria de outubro de 1934 foi detido. Tras o Golpe de Estado de 1936 foi detido e acusado dun delito de rebelión militar con perversidade e trascendencia e condeado á pena máxima por un consello de guerra sen formación de causa. Foi fusilado no Campo de Aragón (Ourense) o 11/10/1937.

FONTES:

PRADA RODRÍGUEZ, J. (2006): De la agitación republicana a la represión franquista. Ourense 1934-1939. Barcelona: Ariel,  anexos.

Ático Noguerol Iglesias: o representante do galeguismo socialista en Ourense

Imaxe
Nacido en Ourense o 03 de setembro de 1888, faleceu o 19 de xullo de 1942. Curmán do galeguista Arturo Noguerol, foi nomeado auxiliar da Secretaría do Concello de Ourense en 1926. Popularmente é coñecido polo seu sentido do humor, o seu fondo coñecemento da historia e o patrimonio da cidade e o seu galeguismo militante. Foi Vicesecretario da Agrupación Socialista de Ourense (1931) e Vicesecretario da Sociedade de Empregados Municipais (1932), afecta á UGT.

FONTES:

La Región, 16.06.2017
La Lucha, 03.10.1931
El Pueblo Gallego, 15.01.1932
QUINTAS FERREÑO, F.J. (2012): Historia do movemento obreiro socialista (1895-1936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.