O PSdeG-PSOE analizará o papel clave dos socialistas na consecución do Estatuto de Autonomía de Galicia


O PSdeG-PSOE de Ourense analizará nunha mesa de debate o papel clave dos socialistas na consecución do estatuto de autonomía de Galicia. Durante o proceso de elaboración da actual norma institucional básica galega, os socialistas loitaron especialmente para que o texto resultante se aproximase o máximo posible ó espírito progresista, para a máxima asunción de competencias, e para que puidese ser presentado nas Cortes Xerais o 28 de xuño, xusto no 43º aniversario do plebiscito ó primeiro estatuto, que non chegou a entrar en vigor por culpa do golpe de estado fascista dos franquistas e o posterior inicio da guerra.

Mesa debate viernes sede PSOE

O acto organizado pola secretaría provincial de memoria histórica terá lugar o vindeiro venres día 22 de xuño ás 20:30 horas na sede provincial do partido, e contará coa presenza de José Vázquez Fouz, figura política nuclear para acadar o estatuto galego, e de Carlos Pereira Martínez, militante do partido e biógrafo do socialista galeguista Xaime Quintanilla. No acto tamén participarán a secretaria provincial de igualdade, Zaida Rodríguez Camba, e o secretario xeral de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino.

José Vázquez Fouz acumula máis de 40 anos de compromiso socialista. Incorporouse ó PSOE en 1976 e, desde entón, participou activamente na vida pública e institucional do partido máis relevante da historia recente do Estado. Destaca o seu papel como membro do equipo redactor do actual Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi deputado no Congreso tralas eleccións xerais de 1979 e 1982, e deputado no Parlamento Europeo nas eleccións de 1987 e 1989. En Europa exerceu cargos de importante responsabilidade como a vicepresidencia da delegación para as relacións cos países membros da Asociación de Nacións do Sureste Asiático (ASEAN) e a República de Corea, e da Comisión de Agricultura, Pesca e Desenvolvemento Rural. Tamén foi mediador e negociador en secuestros e conflitos internacionais. Entre outras distincións recibiu a medalla do Parlamento de Galicia.

A figura de Vázquez Fouz foi clave na asemblea de parlamentarios que, cumprindo co mandato da Constitución Española, tiña as competencias para elaborar o proxecto de estatuto de autonomía. E por iso formou parte da ‘comisión dos dezaseis’ encargados de redactar a actual lei básica galega. A primeira reunión desta equipa tivo lugar en xaneiro de 1979, e tres meses despois, a comisión entregou ó presidente da Xunta de Galicia preautonómica un anteproxecto de estatuto que sufriría modificacións antes do seu referendo popular e aprobación definitiva.

Pola súa banda, Carlos Pereira Martínez é un historiador, escritor, investigador e membro numerario da Sociedade Española de Estudios Medievais e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Durante a súa dilatada experiencia profesional tamén asumiu diferentes cargos na Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, no Padroado e o Consello Reitor da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais ou no Ateneo Republicano de Galicia. En 2011 recibiu o premio Luís Tilve de investigación e divulgación histórica pola súa prolixa obra biográfica ‘Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República’.

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz