Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Tal día coma hoxe en 1925: Falece Pablo Iglesias Posse "El Abuelo"

Imaxe
O 09 de decembro de 1925 falecía Pablo Iglesias Posse tras unha longa enfermidade. Fundador da UGT e o PSOE, foi o máis importante líder do socialismo español durante décadas e actor fundamental na organización do movemento obreiro no noso país. En Ourense mantiña unha estreita relación con Manuel Suárez Castro, co que mantivo unha magnífica relación persoal -Iglesias foi o padriño de Pablo Suárez Bretaña, fillo de Suárez Castro-. Pablo Iglesias seguía de cerca os progresos do socialismo na nosa provincia da man de "Manoliño", co que mantiña correspondencia de forma regular. Tamén foron varias as visitas do líder ourensán a Pablo Iglesias no seu domicilio en Madrid. Eran moitos os nexos de Pablo Iglesias con Ourense, poi sentre outros, era a terra natal de seu pai e o lugar onde seus pais contraeran nupcias. Na fotografía adxunta a este post podedes ver un breve panexírico escrito polo socialista ourensán José Cernadas, publicado en varias publicaciósn socialistas da