Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2019

03M-1979:40 aniversario das primeiras eleccións municipais tras o franquismo, o compromiso socialista.

Imaxe
.

Entre os días 22 de febreiro e 02 de marzo de 1979 o BOP de Ourense publicaba as candidaturas dos diferentes grupos políticos ás eleccións municipais do 03 de marzo de 1979 nos diferentes municipios da provincia.
Nunha España aínda en plena transición, onde a manifestación pública de ideas políticas era só cousa das mulleres e dos homes máis comprometidos politicamente, as forzas socialistas divididas naquel intre entre o PSOE e o PSOE-Histórico presentáronse en boa parte dos concellos da nosa provincia co obxectivo, xa non só de normalizar a participación dos cidadáns na vida pública, senón co afán democratizador e transformador da sociedade que sempre caracterizou ós socialistas.
As forzas socialistas acadaron un total de 122 concelleiros e 21.328 votos en toda a provincia -96 concelleiros e 16.170 votos do PSOE e 26 concelleiros e 5.158 votos da Sección Histórica-, acadando incluso 5 das 20 alcaldías ás que accedeu o PSOE en toda Galicia (Calvos de Randín, Entrimo, A Peroxa, A Ve…

Vestixios do Franquismo na provincia de Ourense, a propósito do documento circulado pola Dirección Xeral de Memoria Histórica

Imaxe
Estimados compañeiros, amigos e seguidores todos.

Como ben sabedes, a Dirección Xeral para a memoria Histórica do Ministerio de Xustiza do Goberno de España acaba de facer público un documento no que solicita a diferentes municipios do estado  español o cumplimento do disposto na Ley da Memoria Histórica no tocante á retirada de símbolos de enxalzamento do franquismo, fundamentalmente placas conmemorativas e nomenclátor de rúas e prazas.

No tocante á nosa provincia, e non tendo aínda coñecemento exacto do contido dese documento, advertimos algunhas eibas importantes, pois vemos que se omite neste documento a concellos como o de Beariz, sobradamente coñecido por manter ao "Generalísimo" nalgunha das súas rúas.

É por iso que vos deixo aquí un listado dos lugares e onde advertimos a persistencia de vestixios do franquismo que, esperamos pronto podamos ver correxidos.

Prégovos a todos que o revisedes e que en "comentarios" fagades calquera outra aportación, pois ningu…