Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2018

José Cid Fernández, "Rompefurnas". O alcalde socialista de Paderne de Allariz.

Casado, veciño de Paderne de Allariz e Alcalde socialista do mesmo municipio a partir de febreiro de 1936 (Xestora da Frente Popular). Labrador de profesión, foi o principal organizador da Sociedade Agraria de Paderne, afecta á UGT, así como Secretario da Agrupación Socialista de Paderne e Vocal da Agrupación Socialista de Ousende. Alias "Rompefurnas". Durante o seu mandato é perceptible unha radicalización da vida política local que alcanzará o seu punto culminante coa detención pola Garda Civil do Posto de Esgos de significados dereitistas ni mes de abril. Na sesión do 12 de xuño tamén se acordou a destitución do Secretario José Gil Bueno, considerado contrario á política da Frente Popular, co pretexto dunha serie de alteracións no padrón de cédulas clasificando a unha ducia de contribuíntes con tarefas menores  ás que lle correspondían en función da súa contribución rústica e urbana. Ó producirse o golpe atopábase fóra do concello desde o 21 de xuño, cando partiu cara as s

Tal día coma hoxe en 1931: Constitúese a Agrupación Socialista de Paderne de Allariz

Imaxe
O 22 de outubro de 1931 constiuiuse a primeira Agrupación Socialista de Paderne de Allariz. Como xa indicamos no post titulado a Tradicional implantación do socialismo en Allariz, deste mesmo blog, o concello de Paderne foi un importante centro socialista e obreirista durante a IIª República, fundamentalmente debido a importante presenza de traballadores do ferrocarril establecidos da zona. Non obstante, a presenza de sociedades obreiras, agrarias e de oficios varios en terras de Paderne viña xa de anos atrás, contando entre outras coa Sociedade de Agricultores de Paderne (1920) ou a Sociedade de Oficios Varios de Ourense-Paderne (1930), ambas afectas á UGT. Nas eleccións de 1931 os socialistas obtiveron 5 actas de concelleiros, o que nos pode dar unha mellor visión da dimensión real da súa implantación nestas terras. Duarnte a Folga Revolucionaria de 1934 e o golpe de estado de 1936 obreiros e militantes socialistas protagonizaron algunhas accións encamiñadas frear os avance fe

Tal día coma hoxe en 1895: Constitúese por primeira vez a Agrupación Socialista de Ourense

Imaxe
O 18 outubro de 1895 nace a primeira Agrupación Socialista de Ourense e sete meses despois celébrase por primeira vez na cidade o 1º de Maio, constituíndo todo un fito histórico. Segundo nos informa o correspondente do xornal El Socialista (18.10.1895) , “...por primera vez han tomado parte este año en la Manifestación Obrera los trabajadores de esta capital, haciéndolo por cierto con gran entusiasmo. El local social estuvo adornado todo el día con colgaduras rojas e iluminado por la noche a la veneciana. Al meeting organizado por las Sociedades Obreras han acudido más de 3.000 persona: el bello sexo estaba representado por 400 compañeras. Presidió el acto el compañero Reverter, usando la palabra Cuiñas, Feijóo (B.), Feijóo (Q.), Iglesias (M.), López y otros muchos, que ensalzaron la unión de la clase obrera, criticaron acerbamente a los explotadores y sostuvieron que solo el ideal socialista puede redimir a los esclavos del capitalismo. El presidente hizo el resumen y la reuni

Pasou en 1998

Imaxe
O 10 de outubro celébrase en Ourense un Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE, no que Emilio Pérez Touriño resulta elixido novo secretario xeral co apoio do 61,5% dos votos dos delegados.