Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

José Cernadas Pérez: un ourensán no corazón do socialismo español.

Imaxe
Natural de Santiago de Compostela (29.01.1880), iniciou a súa carreira sindical e profesional en Ourense. Segundo toma Borobó de Juan José Morato, José Cernadas “rexentou sucesivamente as mellores imprentas de Ourense, onde se estampaban sendos xornais locais, este de esquerda – El Miño, de Vicente Pérez – e outro de dereita – El Eco de Orense –”. Morato caracterízao coma un operario que dominaba o oficio na súa integridade, que tiña unha cultura pouco común e unha grande facilidade de palabra. Orador elocuente, podía ser considerado un habilísimo político. Para mellorar economicamente trasladouse a Vigo, traballando no seu oficio e ocupando diferentes cargos na Agrupación Socialista e na sección Tipográfica. En Ourense destacou por ser un importante orador e organizador de Sociedades Agrarias e Oficios Varios no entorno da cidade. Na primeira década do S.XX Cernadas marcha para Madrid, ingresando o 03.10.1910 na emblemática Asociación General del Arte de Imprimir. Foi elixido vi

O Socialismo ourensá, a través da súa secretaría de Memoría Histórica, rende tributo a memoria das vitimas do Holocausto da provincia de Ourense

Imaxe
O 1º de novembro de 2005 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 27 de xaneiro como o Día Internacional da Memoria das Vítimas do Holocausto e, por extensión, de todas aquelas persoas que viron truncada a súa vida por mor do fanatismo, a intransixencia e crueldade fascista. En España o Golpe de Estado de xullo de 1936 deu inicio a unha das etapas máis negras da nosa historia, unha etapa tinguida de odio, de morte e sangue, de medo e humillación para milleiros de persoas no noso país. A natureza fascista e xenocida da ditadura franquista –así considerada desde o ámbito académico - vén de ser recoñecida poucos días atrás polo  propio Parlamento Galego nunha declaración institucional coa que restablecer a memoria de milleiros de homes e mulleres vítimas da senrazón. O historiador Enrique Barrera na súa obra Galegos en Mauthausen infórmanos de que 179 foron os galegos que sufriron reclusión nos campos de exterminio nazi, 34 dos cales eran ourensáns. José García Rodríg

I Executiva do PSOE na cidade de Ourense

Imaxe
A primeira executiva local do Partido Socialista en Ourense

As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia

Imaxe
A obra mergullanos na vida de Pablo Iglesias e os seus contactos e reunións cos traballadores galegos e as súas sociedades, así como a súa amizade e confluencia ideolóxica cos líderes locais do socialismo, que comezaba, entón, a configurarse en Galicia dun xeito orgánico. A través de diversas visitas realizadas polo líder socialista entre 1892 e 1915, Emilio Garrido introdúcese nos problemas que dificultan o asentamento da ideoloxía socialista e o desenvolvemento da organización nunha Galicia atrasada e conservadora, e valora especialmente o impulso que Pablo Iglesias lle dá á configuración do Partido Socialista e da UGT nas diferentes localidades e sectores laborais, en estreita colaboración cos que serán os máis fieis seguidores, a proxección da personalidade e do pensamento do dirixente socialista, así como a súa vinculación á Galicia de entre séculos, necesitada de cambios.  O autor, Emilio Garrido Moreira, natural de Zas e licenciado en Historia Contemporanea pola Universidad

As Xuventudes Socialistas de Ourense (1904-1936)

Imaxe
Francisco Javier Quintas Ferreño, Delegado en Ourense da Fundación Luís Tilve, Secretario de Memoria Histórica do PSdeG de Ourense.  Malia que nos últimos anos se teñen feito importantes avances  no estudo do movemento obreiro e o socialismo en Galicia, o certo é que non sempre se atendeu adecuadamente o estudo da xa centenaria organización xuvenil JJ.SS.EE, tampouco na provincia de Ourense. É por iso que, co afán de esclarecer un pouco este importante aspecto do movemento obreiro socialista na súa primeira etapa de historia, animámonos elaborar este pequeño artigo que, esperamos, sirva de inspiracións para os novos militantes desta organización. O nacemento das XX.SS.EE. A finais do século XIX, diversos países europeos ven aparecer as primeiras organizacións xuvenís de socialistas. Nembargante, haberá que esperar ó V Congreso Internacional Socialista, celebrado en París no ano 1900, para que algúns partidos socialistas comecen a interesarse por organizar os seu seus

Manuel Suárez Castro: O primeiro alcalde socialista da cidade de Ourense

Imaxe
Francisco Javier Quintas Ferreño, Delegado en Ourense da Fundación Luís Tilve, Secretario de Memoria Histórica do PSdeG de Ourense .  Duns anos para aquí a historiografía galega ven desempeñando unha importante labor de investigación no eido do movemento asociativo obreiro de Galicia. Dionisio Pereira, Gérard Brey ou Manuel González Probados, entre outros, abriron un campo de investigación no que moitos outros estamos tamén chamados a profundar. A Fundación Luís Tilve, como custodio da memoria da UGT e o PSdeG, pretende construír a historia aínda non escrita dos homes e mulleres que un día incluso deron a súa vida na defensa do ideario socialista baseado na fraternidade universal, a paz, o igualitarismo e a xustiza social. A este esforzo súmase agora o propio partido coa creación no seu III Congreso Provincial dunha Secretaría de Memoria Histórica. Sexa a recuperación de este artígo publicado no número 5 da revista Claridade, órgano da Fundación Luís Tilve o pistoletazo de sa

III Congreso Provincial do PSdeG de Ourense

Imaxe
Vén de celebrarse en recentes datas o III Congreso Provincial do PSdeG PSOE de Ourense, no cal por primeira vez foi creada unha Secretaría da Memoria Histórica na nosa provincia. Se ben o compromiso coa recuperación da memoria histórica na nosa provincia foi sempre defendido por moitos compañeiros e compañeiras socialistas desde diferentes ámbitos, ben na súa labor como concelleiros, alcaldes ou membros de colectivos sociais , ben a título individual, o certo é que coa creación desta Secretaría de Memoria Histórica ponse de manifesto a determinación que ten a nova Comisión Executiva Provincial de dar un novo impulso as tarefas de rehabilitación e recoñecemento da labor que tantos homes e mulleres socialistas levaron a cabo no pasado e que mesmo pagaron coa súa propia vida.  Este espazo quere ser un medio de divulgación histórica arredor do socialismo ourensán, difundindo os máis importantes logros dos centos de homes e mulleres que ó longo do tempo foron construíndo este pro