Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2018

Severino Nóvoa Gutiérrez

Natural e veciño de Ourense, este camareiro foi militante socialista e das Xuventudes Socialistas de Ourense, era o presidente da Sociedade de Camareiros, cociñeiros e similares (UGT) desta localidade. Dirixiu con Armando Fernández Mazas e outros o xornal antifascista Espartaco. Tras a folga revolucionaria de outubro de 1934 foi detido. Tras o Golpe de Estado de 1936 foi detido e acusado dun delito de rebelión militar con perversidade e trascendencia e condeado á pena máxima por un consello de guerra sen formación de causa. Foi fusilado no Campo de Aragón (Ourense) o 11/10/1937.

FONTES:

PRADA RODRÍGUEZ, J. (2006): De la agitación republicana a la represión franquista. Ourense 1934-1939. Barcelona: Ariel,  anexos.

Ático Noguerol Iglesias: o representante do galeguismo socialista en Ourense

Imaxe
Nacido en Ourense o 03 de setembro de 1888, faleceu o 19 de xullo de 1942. Curmán do galeguista Arturo Noguerol, foi nomeado auxiliar da Secretaría do Concello de Ourense en 1926. Popularmente é coñecido polo seu sentido do humor, o seu fondo coñecemento da historia e o patrimonio da cidade e o seu galeguismo militante. Foi Vicesecretario da Agrupación Socialista de Ourense (1931) e Vicesecretario da Sociedade de Empregados Municipais (1932), afecta á UGT.

FONTES:

La Región, 16.06.2017
La Lucha, 03.10.1931
El Pueblo Gallego, 15.01.1932
QUINTAS FERREÑO, F.J. (2012): Historia do movemento obreiro socialista (1895-1936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.

Lectura recomendada: Geografía de la represión en Galicia

Imaxe
Durante os anos noventa do S. XX gran parte dos denominados netos da guerra alcanzaron a súa maioría de idade social. Moitos pertencían a unha xeración moito menos marcada polas consecuencias traumáticas da guerra civil e menos comprensiva co mantemento das políticas de fomento da memoria, aínda que ambos elementos foron determinantes para que se implicaran máis activamente na busca da traxectoria vital dos seus ancestros. Paralelamente, a apertura de diferentes arquivos, ata entón vedados, facilitou que novas fornadas de investigadores se implicaran na reconstrución desa parte do pasado. No caso de Galicia, a Facultade de Historia de Ourense foi pioneira na apertura desas liñas de investigación baseadas na sistemática exploración e utilización das fontes militares, policiais e carcelarias, imprescindibles para o estudo científico do que foi a represión franquista nesta comunidade, onde os formalismos legais e as prácticas relixiosas herdadas explican o xeneralizado costume de dar se…

Leonardo Álvarez Álvarez: o concelleiro socialista trivés vítima da mesquindade.

Casado, veciño de Pena Foleche (Póboa de Trives), canteiro de profesión, concelleiro socialista desde as eleccións de 1931 ata marzo de 1936 e voceiro da Agrupación Socialista.  Foi vítima da Lei de Fugas aplicada pola Guarda Civil a milicianos. Este home, fuxido desde os primeiros instantes da sublevación, foi sorprendido nas inmediacións da súa aldea o 30 de outubro de 1938 por varios Gardas Civís e soldados pertencentes á liña de Trives, sendo capturado cando pretendía darse á fuga.Segundo a súa familia foi delatado por un veciño que días antes tentara afacerse coas súas terras por un prezo irrisorio. Unha vez esposado, e segundo o atestado da G.C., pretende fuxir, recibindo catro disparos en distintas partes do corpo que lle producen a morte instantánea. Deixaba atrás unha viúva e oito fillos, o máis pequeno de sete meses e o maior de 19 anos. A súa esposa e fillos sufrirán posteriormente a raiba dos fascistas, vivindo violentos episodios en nocturnos rexistros domiciliarios. Leon…

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

Imaxe
Dicen las crónicas que el primer lugar de España en el cual se proclamó la II República fue en la localidad de Eibar. Sin embargo, muy pocas personas saben que esto no es así, ya que si hacemos caso de lo que nos relata Armando Fernández Mazas en su libro Ourense:Atenas de Galicia (1989), fue Rivadavia, y no Eibar, la localidad que por primera vez proclamó la II República española.

Según la crónica de Fernández Mazas en la noche del día 12 de abril de 1931, " al saber el triunfo de los republicanos en las elecciones municipales, después de celebrarlas en espléndido banquete, salió Antonio Buján acompañado de sus numerosos amigos y comensales y se dirigieron a la iglesia de Francelos en las afueras de Ribadavia. Colocaron en su espadaña la bandera republicana y lanzaron al vuelo las campanas despertando a los vecinos y proclamando con brillantes discursos la República. Fue el primer lugar de España donde se proclamó y no Eibar como figura en los anales de la historia. Con este ac…

OS SOCIALISTAS OURENSÁNS RECUPERAN A MEMORIA DE SECUNDINO COUTO SOLLA, ALCALDE REPUBLICANO DE CANEDO.

Imaxe
O evento, no que se presentará o libro “Lembranza a Secundino Couto Solla”, celebrarase no local social da Sociedade Artística “La Troya” o próximo xoves e contará coa presenza dos seus familiares.

A Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, por medio da Secretaría de Memoria Histórica,  organiza este xoves día 12, ás 20:00 horas, un acto na lembranza do alcalde republicano-socialista do antigo Concello de Canedo, hoxe máis coñecido como o barrio da Ponte.

No evento presentarase o libro “Lembranza a Secundino Couto Solla. Alcalde republicano-socialista do Concello de Canedo”, editado pola Agrupación Provincial Socialista e a Fundación Luís Tilve co obxectivo de divulgar e rescatar do esquecemento a figura deste notable político ourensán. No mesmo participarán Rafael Rodríguez Villarino -Sº dos Socialistas Ourensáns- e os autores da obra, Francisco Javier Quintas –Sº Provincial de Memoria Histórica- e Hilde Couto Serantes –neta do biografado-.

Secundino Couto Solla

Natural de Mour…

Secundino Couto Solla: o alcalde republicano-socialista do Concello de Canedo

Imaxe
Natural de Mourente (Pontevedra, 1873) foi unha das máis importantes figuras do obreirismo ourensán, ocupando diversos cargos de responsabilidade no seo das sociedades obreiras. Presidente do Centro de sociedades obreiras de Ourense en 1899 e da Agrupación Socialista de Ourense en 1900, á chegada da IIª República afiliaríase ao Partido Radical Socialista e a Unión Republicana, chagando a acadar a alcaldía do veciño concello de Canedo, onde máis asentado estaba o seu liderato. Será encausado pola xurisdición de guerra e posto a disposición gobernativa o 27/08/1936. Sufriu presidio en Celanova e Oseira, regresando finalmente ao seu fogar. No seu expediente de Responsabilidades Políticas, a Garda Civil di sempre que é do PSOE, mentres que outras fontes afirman que pertencía ao PRRS ata febreiro de 1936 en que pasou a UR. O propio expedientado recoñece tal militancia, aínda que afirma no ter ingresado de facto en UR. Asemade, foi xulgado polo Tribunal de Represión da Masonería e o Comuni…

Lecturas recomendadas: Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra. Historias de la "longa noite de pedra"

Imaxe
" El trabajo Médicos ourensáns represaliados na Guerra Civil e a posguerra. Historias da "Longa noite de pedra",publicado por la FUndación 10 de Marzo en 2002 nació como un divertimento, como una curiosidad derivada de mis pesquisas acerca de la historia de la medicina ourensana...Sin embargo, poco a poco se fue convirtiendo en un compromiso frente a la desmemoria y el olvido sufrido por estos colegas médicos y sus familias, todos ellos víctimas de la represión, la depuración y la barbarie de aquella guerra civil. Hoy presentamos una segunda edición corregida y aumentada de aquel libro de 2002.

Valores como libertad, solidaridad, participación ciudadana, compromiso social, igualdad, respeto a las personas...han estado presentes en todos y cada uno de los testimonios recogidos...Son, a su vez, valores que mi familia siempre me han transmitido y que intento que mis hijos asuman." David Simón Lorda, 2010.

FICHA

Título: Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Ci…

José Sueiro Martínez: a xeración de enlace entre o republicanismo e o constitucionalismo do 1978

Imaxe
Nacido en 1919, foi fillo de Manuel Sueiro, histórico mestre republicano ourensán, membro da ATEO, da Federación Republicana de Ourense, Director da Academia General e membro do PRRS que foi perseguido, enviado a prisión e inhabilitado para o exercicio da docencia durante o franquismo. Tamén mestre de profesión coma o seu pai, e irmán da coñecida mestra do Colexio Sueiro, Pacita Sueiro, exerceu en diversos centros da provincia ata a súa xubilación. José Sueiro iniciou a súa formación como mestre segundo os plans de formación dos mestres da República, abortados polo alzamento militar de 1936. En 1979, nas primeiras eleccións municipais da democracia, foi candidato á alcaldía de Ourense nas listas do PSOE. Acadou acta de concelleiro xunto con  con Juan Manuel Iglesias Rivera, Manuel Veiga Pombo, Manuel Rebollo Manzano e Manuel Estévez García. Dimitiu como concelleiro en 1981 por considerar indigno que persoas con outra profesión cobraran por exercer como edís no concello. Faleceu en Ou…