Tal día coma hoxe en 1904: Celébrase en Vigo o Iº Congreso das Agrupacións Socialistas de Ourense


Entre os días 15 e 27 de novembro de 1904 celebrouse en Vigo O Iº Congreso das Agrupacións Socialistas de Galicia.

Este congreso servirá para constituír o Comité Rexional de Agrupacións Socialistas de Galicia, que quedará integrado por Enrique Botana (presidente), José Araújo Pérez (vicepresidente), Constante Fontán García (tesoureiro), José Martín Estevez (secretario), Rogelio Campos, Benito Feijoo e Mauro Caballero (voceiros).

A Agrupación Socialista de Ourense estivo representada porlo compañeiro José Vázquez Pardo, ebanista e Presidente da Agrupación Socialista de Ourense naquel momento.

FONTE:

QUINTAS FERREÑO, Francisco Javier (2012): Historia do momento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936), Fundación Luís Tilve, Santiago de Compostela, p.43

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova