Tal día coma hoxe en 1931: Constitúese a Agrupación Socialista de Paderne de Allariz


O 22 de outubro de 1931 constiuiuse a primeira Agrupación Socialista de Paderne de Allariz. Como xa indicamos no post titulado a Tradicional implantación do socialismo en Allariz, deste mesmo blog, o concello de Paderne foi un importante centro socialista e obreirista durante a IIª República, fundamentalmente debido a importante presenza de traballadores do ferrocarril establecidos da zona.

Non obstante, a presenza de sociedades obreiras, agrarias e de oficios varios en terras de Paderne viña xa de anos atrás, contando entre outras coa Sociedade de Agricultores de Paderne (1920) ou a Sociedade de Oficios Varios de Ourense-Paderne (1930), ambas afectas á UGT.

Nas eleccións de 1931 os socialistas obtiveron 5 actas de concelleiros, o que nos pode dar unha mellor visión da dimensión real da súa implantación nestas terras. Duarnte a Folga Revolucionaria de 1934 e o golpe de estado de 1936 obreiros e militantes socialistas protagonizaron algunhas accións encamiñadas frear os avance feixistas.

O seu líder máis importante foi José Cid Fernández, alcalde socialista de Paderne ao fronte da Xestora Municipal da Fronte Popular. Mási coñecido como "Rompefurnas", foi o principal organizador da Sociedad Agraria de Paderne, afecta á UGT, así como Secretario da Agrupación Socialista de Paderne e Vogal da Agrupación Socialista de Ousende.

FONTE:

QUINTAS FERREÑO, Francisco Javier (2012): Historia do movemento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936), Fundación Luís Tilvem Santiago de Compostela.

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova