Lectura recomendada: Geografía de la represión en Galicia


Durante os anos noventa do S. XX gran parte dos denominados netos da guerra alcanzaron a súa maioría de idade social. Moitos pertencían a unha xeración moito menos marcada polas consecuencias traumáticas da guerra civil e menos comprensiva co mantemento das políticas de fomento da memoria, aínda que ambos elementos foron determinantes para que se implicaran máis activamente na busca da traxectoria vital dos seus ancestros. Paralelamente, a apertura de diferentes arquivos, ata entón vedados, facilitou que novas fornadas de investigadores se implicaran na reconstrución desa parte do pasado. No caso de Galicia, a Facultade de Historia de Ourense foi pioneira na apertura desas liñas de investigación baseadas na sistemática exploración e utilización das fontes militares, policiais e carcelarias, imprescindibles para o estudo científico do que foi a represión franquista nesta comunidade, onde os formalismos legais e as prácticas relixiosas herdadas explican o xeneralizado costume de dar sepultura aos asasinados nas parroquias máis próximas ao lugar de execución, pero non aclaran o porqué dos incontables lugares de morte dispersos por toda a xeografía galega.

FICHA:
Título: Geografía de la represión franquista en Galicia.
Autor: Julio Parada Rodríguez
Edita: La catarata
ISBN: 978-84831964-89

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz