Eladio Moure Rey (Ourense, 1901- ?)


Empregado de banca, nace en Ourense en 1901. Foi un destacado militante do PSOE e organizador da última campaña electoral da República. Con motivo da folga revolucionaria de 1934 sufrira pena de desterro por seren un dos principais instigadores e organizadores da mesma. Exerceu como Secretario da Agrupación de Dependencia Mercantil y Bancaria de Ourense, representante nos Xurados Mixtos, membro da Federación Provincial Agraria (1931), Bibliotecario do Comité Local da UGT (1931), militante da Agrupación Socialista de Ourense e delegado ao Congreso rexional do PSOE de Monforte (1931), Vocal do Comité local do PSOE de Ourense e delegado por Ourense ao Congreso das JJSS en 1922. Foi membro da Respectable Loxa Constancia nº 13 de Ourense, onde empregaba o pseudónimo de “Karl Marx”.

FONTES:


  • QUINTAS FERREÑO, F.J. (2012): Movemento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936), Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.
  • El Socialista: 18.10.1929

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova