Lectura recomendada: Verín baixo o franquismo. A represión so 36, a resistencia e a guerrilla

O libro é froito do traballo desenvolvido por Xerardo Dasairas nos últimos anos. No seu Limiar, o autor fai unha declaración de intencións máis que evidente: «Este traballo ten como obxectivo prioritario rescatar para a memoria o maior número posíbel de persoas asasinadas, fusiladas e represaliadas na comarca de Verín durante o Franquismo». Un obxectivo nada doado xa que o autor atopouse con moitas dificultades para acceder a fontes documentais «e sobre todo para poder transcribir as actas do proceso 1.021, que coido que é a aportación máis importante os traballos da memoria histórica porque ata o de agora non se fixera na medida en que aparece neste traballo», e Xerardo Dasairas conseguiuno grazas a ir traballando coa paciencia dun franciscano para encaixar as pezas «e grazas a ir conseguindo material no Archivo Histórico de Ourense e recollendo as contribucións facilitadas polos investigadores que participaron no Congreso de Narón e noutros foros da memoria».

FICHA

Título: Verín baixo o franquismo. A represión so 36, a resistencia e a guerrilla
Edita: Ediciós a Nosa Terra
Autor: Xerardo Dasairas Valsa
I.S.B.N.: 978-84-8341-176-6

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova