Enrique de los Arcos Fajardo: Presidente da Casa do Pobo de Carballiño


Natural de Madrid (1884), estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1907. Exerceu en Sigüeiro-Santiago e desde 1925 en Carballiño, onde foi médico forense e médico municipal. Foi impulsor da Sociedade Cultural Deportiva (19266) e tiña a súa propia escola onde impartía aulas gratuítas despois da súa xornada laboral, impartindo “hixiene”. Foi membro da UGT e Presidente da Casa do Pobo de Carballiño. Ao triunfar o golpe de Estado foi destituído como médico titular e inspector de sanidade do concello. Salvouse de maiores represalias por ter algunhas amizades entre xentes de dereitas e por ser o médico das monxas do asilo. Recuperou o seu posto en agosto de 1941. Faleceu en Carballiño en 1948.

FONTE:

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova