Lecturas recomendadas: Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión


O modelo represivo franquista privou a moitas víctimas ata dun lugar público de execución, e ós seus parentes do pequeno consolo dunha oración diante da súa tumba; dereito que nin sequera o sanguinario Aquiles lle negara ó ancián rei Príamo cando, conmovido polo seu pranto, accedeu a lle entregar o corpo de Héctor, seu mortal inimigo. Por iso son demasiadas as víctimas da represión paralegal, os paseados ou claudiados, que non figuran nas páxinas do libro malia os anos de investigación e as múltiples fontes traballadas. A natureza represiva do réxime franquista non se vai a ver alterada porque engadamos ou restemos cen ou duascentas víctimas máis ó obituario ourensán, pero o saneamento da memoria colectiva dun pobo é labor de todos; emporiso non é, non pode ser, un libro pechado senón aberto a todos cantos queiran deixar constancia da barbarie daqueles anos. A todos eles faise unha chamada dende estas páxinas para que colaboren na recuperación dunha parte do noso pasado que cómpre non condenar ó esquecemento, sequera como testemuño do que nunca pode volver a repetirse.

FICHA

Título: Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión
Autor: Julio Prada Rodríguez
Edita: Ediciós do Castro
I.S.B.N.:  84-8485-157-5

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz