Francisco Dopazo Rodríguez: concelleiro socialista en Amoeiro e primeiro Deputado Provincial do PCE


Veciño de Parada de Amoeiro, foi concelleiro socialista no concello de Amoeiro durante a IIª República. As súas posturas escorarán cara a esquerda, chegando a converterse no primeiro deputado provincial do PCE en Ourense. Nacido en Rairo (Parada de Amoeiro) no seo dunha familia labrega o 31 de outubro de 1902, O Protasio é recordado como unha persoa amable e voluntariosa para cos demais, ademais dunha fantástica habilidade para o desempeño da súa profesión como carpinteiro. Sempre estivo moi comprometido co ideario obreirista, chegando a presidir o Sindicato da Madeira da Casa do Pobo de Ourense. Aínda que inicialmente abrazou o ideario socialista, ao longo da República radicalizou os seus postulados e abrazou o ideario comunista. Foi concelleiro socialista, ou comunista segundo queiramos ver, do Concello de Amoeiro durante todo o período republicano, así como Deputado Provincial desde o 21 de marzo de 1936, sendo así o primeiro deputado provincial do PCE. En 1930 foi Voceiro da agrupación Socialista de amoeiro. Tras o alzamento militar Francisco Dopazo escondeuse tras unha parede na casa da que era a súa parella, no entorno de Ourense, para logo agocharse en pozos secos e covas da contorna. Decido a fuxir cara Portugal, organiza a súa saída do país acompañado do Deputado Nacional Alfonso Pazos (comunista, tamén) e o xuíz de Amoeiro. Xa en Portugal, Francisco e os seus acompañantes foron detidos o 21 de abril  de 1937. Temendo a súa deportación a España os tres detidos remiten unha carta ao cónsul británico pedindo auxilio, quen mediará na súa liberación e lles facilitará transporte nun barco con dirección a Francia. Tras facer escala en casablanca, os tres amigos desembarcan en Barcelona para sumarse ás forzas republicanas. Tras a caída de Cataluña pasan a Francia e Francisco Dopazo foi ingresado no campo de concentración de Argelés sur Mere, en deplorable situación. Coa invasión xermana de Francia en 1940, Francisco converteuse novamente nun fuxido ata a liberación do país galo por parte do Xeneral De Gaulle. A partir dese momento Francisco incorporouse a diferentes traballos que o goberno francés facilitaba aos refuxiados españois, instalándose definitivamente en Toulusse. Reclamou entón para Francia á súaa parella (1948), Dolores Villamarín Otero, quen sufriu en propia carne o maltrato por parte dos falanxistas. Francisco e Dolores casaron en Toulouse en outubro de 1967, regresando finalmente ao seu fogar en Rairo un ano despois. Francisco finou en Rairo o 04 de novembro de 1980.

FONTE:

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova