O PSdeG-PSOE de Ourense analizará nunha mesa de debate o papel clave dos socialistas na consecución do estatuto de autonomía de Galicia. Durante o proceso de elaboración da actual norma institucional básica galega, os socialistas loitaron especialmente para que o texto resultante se aproximase o máximo posible ó espírito progresista, para a máxima asunción de competencias, e para que puidese ser presentado nas Cortes Xerais o 28 de xuño, xusto no 43º aniversario do plebiscito ó primeiro estatuto, que non chegou a entrar en vigor por culpa do golpe de estado fascista dos franquistas e o posterior inicio da guerra. Mesa debate viernes sede PSOE O acto organizado pola secretaría provincial de memoria histórica terá lugar o vindeiro venres día 22 de xuño ás 20:30 horas na sede provincial do partido, e contará coa presenza de José Vázquez Fouz, figura política nuclear para acadar o estatuto galego, e de Carlos Pereira Martínez, militante do partido e biógrafo do socialista galeguista...