Manuel Suárez Castro: O primeiro alcalde socialista da cidade de Ourense
Francisco Javier Quintas Ferreño, Delegado en Ourense da Fundación Luís Tilve, Secretario de Memoria Histórica do PSdeG de Ourense . Duns anos para aquí a historiografía galega ven desempeñando unha importante labor de investigación no eido do movemento asociativo obreiro de Galicia. Dionisio Pereira, Gérard Brey ou Manuel González Probados, entre outros, abriron un campo de investigación no que moitos outros estamos tamén chamados a profundar. A Fundación Luís Tilve, como custodio da memoria da UGT e o PSdeG, pretende construír a historia aínda non escrita dos homes e mulleres que un día incluso deron a súa vida na defensa do ideario socialista baseado na fraternidade universal, a paz, o igualitarismo e a xustiza social. A este esforzo súmase agora o propio partido coa creación no seu III Congreso Provincial dunha Secretaría de Memoria Histórica. Sexa a recuperación de este artígo publicado no número 5 da revista Claridade, órgano da Fundación Luís Tilve o pistolet...