Adolfo Rodríguez Ansias: o mestre da ATEO que viviu 28 anos emparedado
Rondíguez Ansias (2º pola esquerda) acompañado doutros membros da ATEO Orixinario de San Cibrao das Viñas e ideoloxía radical-socialistas, Adolfo Rodríguez Ansias era mestre republicano na escola de Bóveda (Amoeiro). Membro da ATEO, que en 1936 se adherira á FETE-UGT, foi tamén administrador da revista Escuela del Trabajo e o Boletín ATEO. Adolfo fora detido o 28 de outubro de 1934 baixo a acusación de inxurias ó réxime, cuxa causa foi sobresida. Contrario a levar ós nenos á igrexa, e identificado como inimigo do caciquismo, converteuse en branco da persecución tras a sublevación de xullo do 36. O seu foi un símbolo de extrema supervivencia, pois conseguiu eludir a súa detención permanecendo agochado nun zulo construído na vivenda dos seus tío en Ourense. O nonaxenario Carlos Domínguez (da familia dos “Capóns” de Bóveda) lembra a fuxida do mestre a través da historia que lle contara un familiar deste: “levárono oculto nun carro de uces dende Bóveda ata á Praza do Ferro” (en galego