Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ATEO

Adolfo Rodríguez Ansias: o mestre da ATEO que viviu 28 anos emparedado

Imaxe
Rondíguez Ansias (2º pola esquerda) acompañado doutros membros da ATEO Orixinario de San Cibrao das Viñas e ideoloxía radical-socialistas, Adolfo Rodríguez Ansias era mestre republicano na escola de Bóveda (Amoeiro). Membro da ATEO, que en 1936 se adherira á FETE-UGT, foi tamén administrador da revista Escuela del Trabajo e o Boletín ATEO. Adolfo fora detido o 28 de outubro de 1934 baixo a acusación de inxurias ó réxime, cuxa causa foi sobresida. Contrario a levar ós nenos á igrexa, e identificado como inimigo do caciquismo, converteuse en branco da persecución tras a sublevación de xullo do 36. O seu foi un símbolo de extrema supervivencia, pois conseguiu eludir a súa detención permanecendo agochado nun zulo construído na vivenda dos seus tío en Ourense. O nonaxenario Carlos Domínguez (da familia dos “Capóns” de Bóveda) lembra a fuxida do mestre a través da historia que lle contara un familiar deste: “levárono oculto nun carro de uces dende Bóveda ata á Praza do Ferro” (en galego ...

Celso Vila Rodríguez: Secretario da ATEO, xermolo da FETE-UGT de Ourense

Imaxe
Nacido o 13 de novembro de 1912 e natural de Ourense, Celso Vila Rodríguez traballou desde 1930 como mestre nacional en O Viso, por aquel tempo localidade pertencente ao veciño concello de Canedo. É a partires de 1931 cando Celso Vila, como a inmensa maioría dos mestres republicanos ourensáns, se afilia á ATEO, organización sindical de docentes que en 1936 acabará por ingresar na FETE-UGT. Na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO)  participará moi activamente, de tal modo que ocupará por un tempo a Secretaría Xeral desta sociedade obreira socialista. Desde abril de 1934 estivo afiliado ás Xuventudes Socialistas de Ourense, sendo detido durante cinco días en outubro de 1934 por mor das súas actividades na folga revolucionaria.Ingresou na Agrupación Socialista de Ourense en xaneiro de 1936 e, producido o golpe de Estado, permañeceu oculto ata xullo de 1939. O 18 de xullo de 1939 pasou a fronteira portuguesa por Vilardevós, chegando ata Trabancas e posterio...

Armando Fernández Mazas: o pioneiro na recuperación da memoria histórica en Ourense

Imaxe
Armando Fernández Mazas, esquecido mesmo polos seus propios correlixionarios, foi un destacado membro da ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense) nos tempos da IIª República. Mestre de profesión, pasou polas escolas de Bóveda de Amoeiro e Villariño en Pereiro de Aguiar, sendo un profesional comprometido co ideario republicano e progresista. Ideoloxicamente estaba situado podería ser definido como troskista, tendo militado en Izquierda Comunista de España e no POUM, así como afiliado á UGT tras o ingreso da ATEO na FETE (Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza). Tras o Golpe de Estado de 1936, fuxe e permanece escondido en Castro Caldelas e Castro Leboeiro cunha identidade falsa, pasando despois a vivir en Valencia ata que é detido en 1955. A partir de 1963 reincorpórase ao maxisterio, exercendo na Gomera e en Pombeiro, no concello lugués de Pantón, ata a súa xubilación en 1975. Coa morte de Franco participa na reorganización do PSOE en Ourens...