Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Castor Sánchez Martinéz

Historia do movemento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936)

Imaxe
Nesta obra, o autor describe minuciosamente a xénese e organización das primeiras sociedades obreiras da provincia de Ourense, facendo especial fincapé na inxente labor levada a cabo polos pioneiros do movemento obreiro na provincia, tales como José Verdes Montenegro, Heriberto Pérez Proenza ou, o tan querido, Manuel Suárez Castro -"Manoliño", como era coñecido agarimosamente na cidade-, que lideraron a loita polos dereitos das clases máis populares, contribuíndo de forma decisiva á construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, aínda a custe das súas vidas.     Francisco Javier Quintas Ferreño (Tui, 1979) é Licenciado en Humanidades, Master en Tic´s aplicadas a Educación pola USC e Máster en Investigación Psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares pola UVigo. Investigador e Delegado da Fundación Luís Tilve en Ourense, tamén colabora como membro do Consello de Redacción da Revista Claridade. A súa labor como historiador céntrase no estu...

Castor Sanchez Martínez: A conquista da cidadanía

Imaxe
A obra que se presenta constitúe o máis completo e fiel retrato dunha persoa exemplar: Castor Sánchez Martínez. O profesor Xulio Prada bríndanos esa oportunidade, e mellor é que de paso ás súas verbas para adentrarnos en tan admirable descripción: "A historia da humanidade é, en gran medida, a loita por conquistar o que os teóricos dos movementos sociais deron en chamar os dereitos de cidadanía ou, simplemente, a cidadanía. Acadar a plena condición de cidadáns require algo máis que ser suxeito dos dereitos civís e políticos que o proceso de construción do Estado liberal permitiu estender aos individuos —primeiro a os homes e máis tarde ás mulleres— ao longo do século XIX e os primeiros anos do pasado século XX. Esixe, tamén, ver recoñecidos ao mesmo nivel os dereitos sociais e asegurar un modelo de Estado e de gobernanza que garantan a procura duns niveis mínimos de benestar para todos eles." "Cando Castor Sánchez Martínez deu comezo á súa particular traxec...