Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

Socialistas na guerrilla antifranquista de Galicia

Imaxe
Artigo que tan amablemente publicou Nós Diario no coleccionable que fixo sobre as guerrillas antifranquistas en Galicia (10/12/2021). SOCIALISTAS NA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA DE GALICIA Javier Quintas – Fundación Luís Tilve A sublevación de 1936 tivo como consecuencia a descomposición das organizacións socialistas de Galicia e a feroz represión dos seus afiliados co único obxecto de infundir terror na poboación e facer desaparecer ao contrario eliminando calquera forma de disidencia mediante o asasinato, a tortura ou encarceramento. Malia todo, algúns socialistas lograron ocultarse ou fuxir das primeiras ondas represoras, incorporándose nalgúns casos ás primeiras partidas que se foron organizando por toda Galicia. SEN DISCIPLINA NON HAI VICTORIA: DA ORGANIZACIÓN DA FEDERACIÓN DE GUERRILLAS LEÓN-GALICIA Ó EXILIO (1939-1947)  O terror infundido era de tal envergadura que, aqueles socialistas que non sucumbiron ós paseos, ás malleiras e ó presidio durante os primeiros anos da guerra, sobre