Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Provincia de Ourense

José Cid Fernández, "Rompefurnas". O alcalde socialista de Paderne de Allariz.

Casado, veciño de Paderne de Allariz e Alcalde socialista do mesmo municipio a partir de febreiro de 1936 (Xestora da Frente Popular). Labrador de profesión, foi o principal organizador da Sociedade Agraria de Paderne, afecta á UGT, así como Secretario da Agrupación Socialista de Paderne e Vocal da Agrupación Socialista de Ousende. Alias "Rompefurnas". Durante o seu mandato é perceptible unha radicalización da vida política local que alcanzará o seu punto culminante coa detención pola Garda Civil do Posto de Esgos de significados dereitistas ni mes de abril. Na sesión do 12 de xuño tamén se acordou a destitución do Secretario José Gil Bueno, considerado contrario á política da Frente Popular, co pretexto dunha serie de alteracións no padrón de cédulas clasificando a unha ducia de contribuíntes con tarefas menores  ás que lle correspondían en función da súa contribución rústica e urbana. Ó producirse o golpe atopábase fóra do concello desde o 21 de xuño, cando partiu cara as s...

Tal día coma hoxe en 1931: Constitúese a Agrupación Socialista de Paderne de Allariz

Imaxe
O 22 de outubro de 1931 constiuiuse a primeira Agrupación Socialista de Paderne de Allariz. Como xa indicamos no post titulado a Tradicional implantación do socialismo en Allariz, deste mesmo blog, o concello de Paderne foi un importante centro socialista e obreirista durante a IIª República, fundamentalmente debido a importante presenza de traballadores do ferrocarril establecidos da zona. Non obstante, a presenza de sociedades obreiras, agrarias e de oficios varios en terras de Paderne viña xa de anos atrás, contando entre outras coa Sociedade de Agricultores de Paderne (1920) ou a Sociedade de Oficios Varios de Ourense-Paderne (1930), ambas afectas á UGT. Nas eleccións de 1931 os socialistas obtiveron 5 actas de concelleiros, o que nos pode dar unha mellor visión da dimensión real da súa implantación nestas terras. Duarnte a Folga Revolucionaria de 1934 e o golpe de estado de 1936 obreiros e militantes socialistas protagonizaron algunhas accións encamiñadas frear os avance fe...

Lecturas recomendadas: Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra. Historias de la "longa noite de pedra"

Imaxe
" El trabajo Médicos ourensáns represaliados na Guerra Civil e a posguerra. Historias da "Longa noite de pedra",publicado por la FUndación 10 de Marzo en 2002 nació como un divertimento, como una curiosidad derivada de mis pesquisas acerca de la historia de la medicina ourensana...Sin embargo, poco a poco se fue convirtiendo en un compromiso frente a la desmemoria y el olvido sufrido por estos colegas médicos y sus familias, todos ellos víctimas de la represión, la depuración y la barbarie de aquella guerra civil. Hoy presentamos una segunda edición corregida y aumentada de aquel libro de 2002. Valores como libertad, solidaridad, participación ciudadana, compromiso social, igualdad, respeto a las personas...han estado presentes en todos y cada uno de los testimonios recogidos...Son, a su vez, valores que mi familia siempre me han transmitido y que intento que mis hijos asuman." David Simón Lorda, 2010. FICHA Título: Médicos Ourensanos Represaliados en la Gu...

Lecturas recomendadas: Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión

Imaxe
O modelo represivo franquista privou a moitas víctimas ata dun lugar público de execución, e ós seus parentes do pequeno consolo dunha oración diante da súa tumba; dereito que nin sequera o sanguinario Aquiles lle negara ó ancián rei Príamo cando, conmovido polo seu pranto, accedeu a lle entregar o corpo de Héctor, seu mortal inimigo. Por iso son demasiadas as víctimas da represión paralegal, os paseados ou claudiados, que non figuran nas páxinas do libro malia os anos de investigación e as múltiples fontes traballadas. A natureza represiva do réxime franquista non se vai a ver alterada porque engadamos ou restemos cen ou duascentas víctimas máis ó obituario ourensán, pero o saneamento da memoria colectiva dun pobo é labor de todos; emporiso non é, non pode ser, un libro pechado senón aberto a todos cantos queiran deixar constancia da barbarie daqueles anos. A todos eles faise unha chamada dende estas páxinas para que colaboren na recuperación dunha parte do noso pasado que cómpre n...