Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PSOE

Pasou en 1985

Imaxe
Do 11 ó 13 de Xaneiro de 1985 celébrase en Ourense o IV Congreso de  PSdeG-PSOE. Antolín Sánchez Presedo resulta elixido novo secretario xeral e Antonio Rodríguez, Presidente, dunha executiva que recibe o apoio do 28% dos delegados, e unha abstención do 53%. No Congreso participan 162 agrupacións locais.

Tal día coma hoxe en 1925: Falece Pablo Iglesias Posse "El Abuelo"

Imaxe
O 09 de decembro de 1925 falecía Pablo Iglesias Posse tras unha longa enfermidade. Fundador da UGT e o PSOE, foi o máis importante líder do socialismo español durante décadas e actor fundamental na organización do movemento obreiro no noso país. En Ourense mantiña unha estreita relación con Manuel Suárez Castro, co que mantivo unha magnífica relación persoal -Iglesias foi o padriño de Pablo Suárez Bretaña, fillo de Suárez Castro-. Pablo Iglesias seguía de cerca os progresos do socialismo na nosa provincia da man de "Manoliño", co que mantiña correspondencia de forma regular. Tamén foron varias as visitas do líder ourensán a Pablo Iglesias no seu domicilio en Madrid. Eran moitos os nexos de Pablo Iglesias con Ourense, poi sentre outros, era a terra natal de seu pai e o lugar onde seus pais contraeran nupcias. Na fotografía adxunta a este post podedes ver un breve panexírico escrito polo socialista ourensán José Cernadas, publicado en varias publicaciósn socialistas da...

Tal día coma hoxe en 1904: Celébrase en Vigo o Iº Congreso das Agrupacións Socialistas de Ourense

Imaxe
Entre os días 15 e 27 de novembro de 1904 celebrouse en Vigo O Iº Congreso das Agrupacións Socialistas de Galicia. Este congreso servirá para constituír o Comité Rexional de Agrupacións Socialistas de Galicia, que quedará integrado por Enrique Botana (presidente), José Araújo Pérez (vicepresidente), Constante Fontán García (tesoureiro), José Martín Estevez (secretario), Rogelio Campos, Benito Feijoo e Mauro Caballero (voceiros). A Agrupación Socialista de Ourense estivo representada porlo compañeiro José Vázquez Pardo, ebanista e Presidente da Agrupación Socialista de Ourense naquel momento. FONTE: QUINTAS FERREÑO, Francisco Javier (2012): Historia do momento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936) , Fundación Luís Tilve, Santiago de Compostela, p.43

Tal día coma hoxe en 1931: Constitúese a Agrupación Socialista de Nogueira de Ramuín

Imaxe
O día 01 de novembro de 1931 o Concello de Nogueira de Ramuín viu nacer a súa primeira Agrupación Socialista. Malia non ter constancia dos seus fundadores, acredítase así a serodia implantación socialista neste concello ourensán da man, posiblemente membros do gremio dos afiadores que tantas terras percorreron no seu quefacer. Para os o pioneiros do socialismo de Nogeuira, o noso agradecemento e recordo polo seu compromiso e exemplo.

José Cid Fernández, "Rompefurnas". O alcalde socialista de Paderne de Allariz.

Casado, veciño de Paderne de Allariz e Alcalde socialista do mesmo municipio a partir de febreiro de 1936 (Xestora da Frente Popular). Labrador de profesión, foi o principal organizador da Sociedade Agraria de Paderne, afecta á UGT, así como Secretario da Agrupación Socialista de Paderne e Vocal da Agrupación Socialista de Ousende. Alias "Rompefurnas". Durante o seu mandato é perceptible unha radicalización da vida política local que alcanzará o seu punto culminante coa detención pola Garda Civil do Posto de Esgos de significados dereitistas ni mes de abril. Na sesión do 12 de xuño tamén se acordou a destitución do Secretario José Gil Bueno, considerado contrario á política da Frente Popular, co pretexto dunha serie de alteracións no padrón de cédulas clasificando a unha ducia de contribuíntes con tarefas menores  ás que lle correspondían en función da súa contribución rústica e urbana. Ó producirse o golpe atopábase fóra do concello desde o 21 de xuño, cando partiu cara as s...

Tal día coma hoxe en 1931: Constitúese a Agrupación Socialista de Paderne de Allariz

Imaxe
O 22 de outubro de 1931 constiuiuse a primeira Agrupación Socialista de Paderne de Allariz. Como xa indicamos no post titulado a Tradicional implantación do socialismo en Allariz, deste mesmo blog, o concello de Paderne foi un importante centro socialista e obreirista durante a IIª República, fundamentalmente debido a importante presenza de traballadores do ferrocarril establecidos da zona. Non obstante, a presenza de sociedades obreiras, agrarias e de oficios varios en terras de Paderne viña xa de anos atrás, contando entre outras coa Sociedade de Agricultores de Paderne (1920) ou a Sociedade de Oficios Varios de Ourense-Paderne (1930), ambas afectas á UGT. Nas eleccións de 1931 os socialistas obtiveron 5 actas de concelleiros, o que nos pode dar unha mellor visión da dimensión real da súa implantación nestas terras. Duarnte a Folga Revolucionaria de 1934 e o golpe de estado de 1936 obreiros e militantes socialistas protagonizaron algunhas accións encamiñadas frear os avance fe...

Tal día coma hoxe en 1895: Constitúese por primeira vez a Agrupación Socialista de Ourense

Imaxe
O 18 outubro de 1895 nace a primeira Agrupación Socialista de Ourense e sete meses despois celébrase por primeira vez na cidade o 1º de Maio, constituíndo todo un fito histórico. Segundo nos informa o correspondente do xornal El Socialista (18.10.1895) , “...por primera vez han tomado parte este año en la Manifestación Obrera los trabajadores de esta capital, haciéndolo por cierto con gran entusiasmo. El local social estuvo adornado todo el día con colgaduras rojas e iluminado por la noche a la veneciana. Al meeting organizado por las Sociedades Obreras han acudido más de 3.000 persona: el bello sexo estaba representado por 400 compañeras. Presidió el acto el compañero Reverter, usando la palabra Cuiñas, Feijóo (B.), Feijóo (Q.), Iglesias (M.), López y otros muchos, que ensalzaron la unión de la clase obrera, criticaron acerbamente a los explotadores y sostuvieron que solo el ideal socialista puede redimir a los esclavos del capitalismo. El presidente hizo el resumen y la reuni...

Pasou en 1998

Imaxe
O 10 de outubro celébrase en Ourense un Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE, no que Emilio Pérez Touriño resulta elixido novo secretario xeral co apoio do 61,5% dos votos dos delegados. 

Pasou en 1906

Imaxe
O 29 de xuño, inaugúrase en Ourense o II Congreso dos Socialistas Galegos. Enrique Botana é reelixido Presidente do Comité Rexional, organismo que seguirá tendo a súa sede en Vigo. 

Pasou en 1911

Imaxe
No mes de xullo do 1911, e no Centro Obreiro de Ourense, celebrouse o IV Congreso da Federación Socialista de Galicia. Acordouse que sexa Vigo o lugar onde resida o Comité Rexional da Federación.

A primeira estrutura provincial da historia do socialismo ourensán: A Federación Agraria e de Colectividades Socialistas de Ourense (1931)

Imaxe
A estrutura provincial das forzas socialistas, malia o que poida parecer, non é nin moito menos a máis tradicional no seo do noso partido. Tal é así que tan só temos que retrotraernos ao ano 2009 para ver como o PSdeG apostaba pola vixente configuración, a cal o paso do tempo non parece terlle sentado ben. Sen entrar en maiores consideracións, desexamos lembrar aquí á que realmente foi a primeira organización de carácter provincial das forzas socialistas, pois en boa medida é descoñecida polo público en xeral. O crecemento experimentado polo socialismo durante os anos ´20 e o novo horizonte aberto tras a instauración da IIª República, que traerá consigo un novo e notable incremento dos efectivos socialistas e uxetistas en toda a provincia, obrigou ao PSOE e á UGT a unha nova reorganización dos seus efectivos co obxectivo coñecer con maior exactitude a dimensión e implantación das súas sociedades, mellorar a coordinación e comunicación coas células locais e contruír as sólidas base...

Protagonistas na Transición: Celso Montero Rodríguez (1930-2003)

Imaxe
Nacido en Quintela de Leirado en 1930, foi membro do goberno pre-autonómico galego e senador do PSOE pola provincia de Ourense. Fillo dun emigrante en Guinea Ecuatorial, as penurias económicas determinaron que estudiara no Seminario de Ourense. Ordenado sacerdote, estudou a carreira eclesiástica na Universidade Pontificia de Comillas (Santander). En 1965, no seminario de Cochabamba (Bolivia) coincidiu con compañeiros que se unirían á guerrilla que iniciara o Ché Guevara. Os seus contactos co marxismo foron da man de Régis Debray, pero unha decepcionante visita a La Habana en 1969 fano reflexionar sobre os seus posicionamentos políticos. Xa de volta en Ourense abandona os hábitos por mor de certos enfrontamentos co conservador bispo Monseñor Temiño. En 1976, da man do xornalista Alfonso Palomares e outros compañeiros da provincia fundou e organizou o PSOE ourensán. Foi un dos catro representantes socialistas galegos na Lexislatura Constituínte (1977-1979) procedente da Candidatura De...

José Verdes Montenegro y Montoro (Madrid, 1865- Méco DF, 1939)

Imaxe
Nacido en Madrid en 1865, foi un dos máis destacados intelectuais do socialismo español. Estudante na Institución Libre de Enseñanza, licenciaríase en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid entre os anos 1885 e 1892. En novembro de 1899 chegaría a Ourense tras obter por concurso a Cátedra de Filosofía no Instituto Provincial, curiosamente  ocupada en 1897 polo que anos máis adiante sería outro gran líder do socialismo español, Julián Besteiro. Dende un principio José Verdes implicouse directamente na marcha da vida societaria da cidade, preocupándose fundamentalmente pola formación ideolóxica da clase obreira ourensá. Así pois, tan habituais eran as súas charlas e conferencias no Centro Obreiro como a súa participación en mitins de propaganda. Entre outras conferencias impartiu algunhas como El socialismo, la herencia y la propiedad, El socialismo y la familia, El trabajo y sus leyes, El socialismo y los ahorros e un longo etcétera. En 1901 acudirá como candidato...

Alfonso Ortega Prada (1902-1944): A traxedia tras a traxedia

Imaxe
Nace o 17 de maio de 1902 en San Justo de Sanabria, Zamora. En 1930 instálase en Xares (A Veiga) coa súa familia, onde pouco tempo despois acadaría a secretaría da Sociedade Agraria de Xares (1933), creada anos atrás –en 1931- como resposta ó caciquismo imperante e integrante da FNTT-UGT dende os seus inicios. Esta sociedade chegou a ter 800 afiliados. Militante uxetista e socialista, o 03 de marzo de 1936 entra na Comisión xestora do Concello de A Veiga. Fervente crente no proxecto republicano, será integrante do Comité de Defensa da República de A Veiga nos primeiros momentos do alzamento nacional. Foi xulgado por un delito de rebelión militar, pero declarado en rebeldía –fuxido-. Iso non librou ao seu entorno familiar da sañuda represión dos falanxistas, pois queimáranlle a casa e detiveran á súa muller en varias ocasións para obrigala a informar do paradoiro de Ortega Prada. Tamén a súa nai foi expulsada polos falanxistas da vila de Xares. Permanecerá fuxido disfrazado de xornal...

Tal día coma hoxe en 1929: A inauguración da Casa do Pobo de Ourense

Imaxe
Coincidindo coa celebración do 1º de Maio inaugurouse en 1929 a Casa do Pobo de Ourense. Entre os actos programados destacan dúas conferencias impartidas polo Delegado da Oficina Internacional do Traballo, Fabra Rivas.  Con tal motivo, animámosvos a ler a entrada publicada tempo atrás sobre a casa do pobo de Ourense. Feliz Día do Traballo!!! https://ourensesocialista.blogspot.com.es/2018/02/a-casa-do-pobo-de-ourense.html

Severino Nóvoa Gutiérrez

Natural e veciño de Ourense, este camareiro foi militante socialista e das Xuventudes Socialistas de Ourense, era o presidente da Sociedade de Camareiros, cociñeiros e similares (UGT) desta localidade. Dirixiu con Armando Fernández Mazas e outros o xornal antifascista Espartaco. Tras a folga revolucionaria de outubro de 1934 foi detido. Tras o Golpe de Estado de 1936 foi detido e acusado dun delito de rebelión militar con perversidade e trascendencia e condeado á pena máxima por un consello de guerra sen formación de causa. Foi fusilado no Campo de Aragón (Ourense) o 11/10/1937. FONTES: PRADA RODRÍGUEZ, J. (2006): De la agitación republicana a la represión franquista. Ourense 1934-1939. Barcelona: Ariel,  anexos.

Ático Noguerol Iglesias: o representante do galeguismo socialista en Ourense

Imaxe
Ilustración: Ático Noguerol, AHPOu Nacido en Ourense o 03 de setembro de 1888, faleceu o 19 de xullo de 1942. Curmán do galeguista Arturo Noguerol, foi nomeado auxiliar da Secretaría do Concello de Ourense en 1926. Popularmente é coñecido polo seu sentido do humor, o seu fondo coñecemento da historia e o patrimonio da cidade e o seu galeguismo militante. Foi Vicesecretario da Agrupación Socialista de Ourense (1931) e Vicesecretario da Sociedade de Empregados Municipais (1932), afecta á UGT. FONTES: La Región, 16.06.2017 La Lucha, 03.10.1931 El Pueblo Gallego, 15.01.1932 QUINTAS FERREÑO, F.J. (2012): Historia do movemento obreiro socialista (1895-1936) . Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.

José Sueiro Martínez: a xeración de enlace entre o republicanismo e o constitucionalismo do 1978

Imaxe
José Sueiro (Foto: Jesús Regal / Faro de Vigo) Nacido en 1919, foi fillo de Manuel Sueiro, histórico mestre republicano ourensán, membro da ATEO, da Federación Republicana de Ourense, Director da Academia General e membro do PRRS que foi perseguido, enviado a prisión e inhabilitado para o exercicio da docencia durante o franquismo. Tamén mestre de profesión coma o seu pai, e irmán da coñecida mestra do Colexio Sueiro, Pacita Sueiro, exerceu en diversos centros da provincia ata a súa xubilación. José Sueiro iniciou a súa formación como mestre segundo os plans de formación dos mestres da República, abortados polo alzamento militar de 1936. En 1979, nas primeiras eleccións municipais da democracia, foi candidato á alcaldía de Ourense nas listas do PSOE. Acadou acta de concelleiro xunto con  con Juan Manuel Iglesias Rivera, Manuel Veiga Pombo, Manuel Rebollo Manzano e Manuel Estévez García. Dimitiu como concelleiro en 1981 por considerar indigno que persoas con outra profesión...

Armando Pompilio Fernández Mazas, o mestre da ATEO que refundou a FETE-UGT

Imaxe
Nacido en Ourense, o 30 de xaneiro de 1905, estudou na Escola Normal de Ourense, onde se graduou como mestre. No primeiro bienio republicano foi mestre na localidade e Bóveda (Amoeiro) e entrou en contacto coa Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), organización que en 1936 acaba adheríndose á FETE-UGT. No ano 1932 gaña en propiedade a súa praza de mestre en Vilariño (Pereiro de Aguiar). Militou no POUM e nas Xuventudes Socialistas Unificadas, sendo habitual colaborador no xornal antifascista ourensán Espartaco e na revista da ATEO Escuela del Trabajo. Co alzamento militar fuxe cara Castro Caldelas e entre os anos 1942 e 1947 refúxiase en Castro Leboreiro cunha identidade falsa. Instálase despois en Valencia, onde é detido co seu amigo Juan Rodríguez Dever en 1955 e trasladado á prisión de Carabanchel. En 1963 reincorpórase ao maxisterio, primeiro na illa da Gomera e despois en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975. Foi fundador no ano 1977 da FETE-UGT, da que ...

Francisco Dopazo Rodríguez: concelleiro socialista en Amoeiro e primeiro Deputado Provincial do PCE

Imaxe
Veciño de Parada de Amoeiro, foi concelleiro socialista no concello de Amoeiro durante a IIª República. As súas posturas escorarán cara a esquerda, chegando a converterse no primeiro deputado provincial do PCE en Ourense. Nacido en Rairo (Parada de Amoeiro) no seo dunha familia labrega o 31 de outubro de 1902, O Protasio é recordado como unha persoa amable e voluntariosa para cos demais, ademais dunha fantástica habilidade para o desempeño da súa profesión como carpinteiro. Sempre estivo moi comprometido co ideario obreirista, chegando a presidir o Sindicato da Madeira da Casa do Pobo de Ourense. Aínda que inicialmente abrazou o ideario socialista, ao longo da República radicalizou os seus postulados e abrazou o ideario comunista. Foi concelleiro socialista, ou comunista segundo queiramos ver, do Concello de Amoeiro durante todo o período republicano, así como Deputado Provincial desde o 21 de marzo de 1936, sendo así o primeiro deputado provincial do PCE. En 1930 foi Voceiro da a...