Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Tal día coma hoxe en 1925: Falece Pablo Iglesias Posse "El Abuelo"

Imaxe
O 09 de decembro de 1925 falecía Pablo Iglesias Posse tras unha longa enfermidade. Fundador da UGT e o PSOE, foi o máis importante líder do socialismo español durante décadas e actor fundamental na organización do movemento obreiro no noso país. En Ourense mantiña unha estreita relación con Manuel Suárez Castro, co que mantivo unha magnífica relación persoal -Iglesias foi o padriño de Pablo Suárez Bretaña, fillo de Suárez Castro-. Pablo Iglesias seguía de cerca os progresos do socialismo na nosa provincia da man de "Manoliño", co que mantiña correspondencia de forma regular. Tamén foron varias as visitas do líder ourensán a Pablo Iglesias no seu domicilio en Madrid. Eran moitos os nexos de Pablo Iglesias con Ourense, poi sentre outros, era a terra natal de seu pai e o lugar onde seus pais contraeran nupcias. Na fotografía adxunta a este post podedes ver un breve panexírico escrito polo socialista ourensán José Cernadas, publicado en varias publicaciósn socialistas da

Tal día coma hoxe en 1904: Celébrase en Vigo o Iº Congreso das Agrupacións Socialistas de Ourense

Imaxe
Entre os días 15 e 27 de novembro de 1904 celebrouse en Vigo O Iº Congreso das Agrupacións Socialistas de Galicia. Este congreso servirá para constituír o Comité Rexional de Agrupacións Socialistas de Galicia, que quedará integrado por Enrique Botana (presidente), José Araújo Pérez (vicepresidente), Constante Fontán García (tesoureiro), José Martín Estevez (secretario), Rogelio Campos, Benito Feijoo e Mauro Caballero (voceiros). A Agrupación Socialista de Ourense estivo representada porlo compañeiro José Vázquez Pardo, ebanista e Presidente da Agrupación Socialista de Ourense naquel momento. FONTE: QUINTAS FERREÑO, Francisco Javier (2012): Historia do momento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936) , Fundación Luís Tilve, Santiago de Compostela, p.43

Tal día coma hoxe en 1931: Constitúese a Agrupación Socialista de Nogueira de Ramuín

Imaxe
O día 01 de novembro de 1931 o Concello de Nogueira de Ramuín viu nacer a súa primeira Agrupación Socialista. Malia non ter constancia dos seus fundadores, acredítase así a serodia implantación socialista neste concello ourensán da man, posiblemente membros do gremio dos afiadores que tantas terras percorreron no seu quefacer. Para os o pioneiros do socialismo de Nogeuira, o noso agradecemento e recordo polo seu compromiso e exemplo.

José Cid Fernández, "Rompefurnas". O alcalde socialista de Paderne de Allariz.

Casado, veciño de Paderne de Allariz e Alcalde socialista do mesmo municipio a partir de febreiro de 1936 (Xestora da Frente Popular). Labrador de profesión, foi o principal organizador da Sociedade Agraria de Paderne, afecta á UGT, así como Secretario da Agrupación Socialista de Paderne e Vocal da Agrupación Socialista de Ousende. Alias "Rompefurnas". Durante o seu mandato é perceptible unha radicalización da vida política local que alcanzará o seu punto culminante coa detención pola Garda Civil do Posto de Esgos de significados dereitistas ni mes de abril. Na sesión do 12 de xuño tamén se acordou a destitución do Secretario José Gil Bueno, considerado contrario á política da Frente Popular, co pretexto dunha serie de alteracións no padrón de cédulas clasificando a unha ducia de contribuíntes con tarefas menores  ás que lle correspondían en función da súa contribución rústica e urbana. Ó producirse o golpe atopábase fóra do concello desde o 21 de xuño, cando partiu cara as s

Tal día coma hoxe en 1931: Constitúese a Agrupación Socialista de Paderne de Allariz

Imaxe
O 22 de outubro de 1931 constiuiuse a primeira Agrupación Socialista de Paderne de Allariz. Como xa indicamos no post titulado a Tradicional implantación do socialismo en Allariz, deste mesmo blog, o concello de Paderne foi un importante centro socialista e obreirista durante a IIª República, fundamentalmente debido a importante presenza de traballadores do ferrocarril establecidos da zona. Non obstante, a presenza de sociedades obreiras, agrarias e de oficios varios en terras de Paderne viña xa de anos atrás, contando entre outras coa Sociedade de Agricultores de Paderne (1920) ou a Sociedade de Oficios Varios de Ourense-Paderne (1930), ambas afectas á UGT. Nas eleccións de 1931 os socialistas obtiveron 5 actas de concelleiros, o que nos pode dar unha mellor visión da dimensión real da súa implantación nestas terras. Duarnte a Folga Revolucionaria de 1934 e o golpe de estado de 1936 obreiros e militantes socialistas protagonizaron algunhas accións encamiñadas frear os avance fe

Tal día coma hoxe en 1895: Constitúese por primeira vez a Agrupación Socialista de Ourense

Imaxe
O 18 outubro de 1895 nace a primeira Agrupación Socialista de Ourense e sete meses despois celébrase por primeira vez na cidade o 1º de Maio, constituíndo todo un fito histórico. Segundo nos informa o correspondente do xornal El Socialista (18.10.1895) , “...por primera vez han tomado parte este año en la Manifestación Obrera los trabajadores de esta capital, haciéndolo por cierto con gran entusiasmo. El local social estuvo adornado todo el día con colgaduras rojas e iluminado por la noche a la veneciana. Al meeting organizado por las Sociedades Obreras han acudido más de 3.000 persona: el bello sexo estaba representado por 400 compañeras. Presidió el acto el compañero Reverter, usando la palabra Cuiñas, Feijóo (B.), Feijóo (Q.), Iglesias (M.), López y otros muchos, que ensalzaron la unión de la clase obrera, criticaron acerbamente a los explotadores y sostuvieron que solo el ideal socialista puede redimir a los esclavos del capitalismo. El presidente hizo el resumen y la reuni

Pasou en 1998

Imaxe
O 10 de outubro celébrase en Ourense un Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE, no que Emilio Pérez Touriño resulta elixido novo secretario xeral co apoio do 61,5% dos votos dos delegados. 

Pasou en 1906

Imaxe
O 29 de xuño, inaugúrase en Ourense o II Congreso dos Socialistas Galegos. Enrique Botana é reelixido Presidente do Comité Rexional, organismo que seguirá tendo a súa sede en Vigo. 

O PSdeG-PSOE analizará o papel clave dos socialistas na consecución do Estatuto de Autonomía de Galicia

Imaxe
O PSdeG-PSOE de Ourense analizará nunha mesa de debate o papel clave dos socialistas na consecución do estatuto de autonomía de Galicia. Durante o proceso de elaboración da actual norma institucional básica galega, os socialistas loitaron especialmente para que o texto resultante se aproximase o máximo posible ó espírito progresista, para a máxima asunción de competencias, e para que puidese ser presentado nas Cortes Xerais o 28 de xuño, xusto no 43º aniversario do plebiscito ó primeiro estatuto, que non chegou a entrar en vigor por culpa do golpe de estado fascista dos franquistas e o posterior inicio da guerra. Mesa debate viernes sede PSOE O acto organizado pola secretaría provincial de memoria histórica terá lugar o vindeiro venres día 22 de xuño ás 20:30 horas na sede provincial do partido, e contará coa presenza de José Vázquez Fouz, figura política nuclear para acadar o estatuto galego, e de Carlos Pereira Martínez, militante do partido e biógrafo do socialista galeguista

Pasou en 1911

Imaxe
No mes de xullo do 1911, e no Centro Obreiro de Ourense, celebrouse o IV Congreso da Federación Socialista de Galicia. Acordouse que sexa Vigo o lugar onde resida o Comité Rexional da Federación.

A primeira estrutura provincial da historia do socialismo ourensán: A Federación Agraria e de Colectividades Socialistas de Ourense (1931)

Imaxe
A estrutura provincial das forzas socialistas, malia o que poida parecer, non é nin moito menos a máis tradicional no seo do noso partido. Tal é así que tan só temos que retrotraernos ao ano 2009 para ver como o PSdeG apostaba pola vixente configuración, a cal o paso do tempo non parece terlle sentado ben. Sen entrar en maiores consideracións, desexamos lembrar aquí á que realmente foi a primeira organización de carácter provincial das forzas socialistas, pois en boa medida é descoñecida polo público en xeral. O crecemento experimentado polo socialismo durante os anos ´20 e o novo horizonte aberto tras a instauración da IIª República, que traerá consigo un novo e notable incremento dos efectivos socialistas e uxetistas en toda a provincia, obrigou ao PSOE e á UGT a unha nova reorganización dos seus efectivos co obxectivo coñecer con maior exactitude a dimensión e implantación das súas sociedades, mellorar a coordinación e comunicación coas células locais e contruír as sólidas base

Protagonistas na Transición: Celso Montero Rodríguez (1930-2003)

Imaxe
Nacido en Quintela de Leirado en 1930, foi membro do goberno pre-autonómico galego e senador do PSOE pola provincia de Ourense. Fillo dun emigrante en Guinea Ecuatorial, as penurias económicas determinaron que estudiara no Seminario de Ourense. Ordenado sacerdote, estudou a carreira eclesiástica na Universidade Pontificia de Comillas (Santander). En 1965, no seminario de Cochabamba (Bolivia) coincidiu con compañeiros que se unirían á guerrilla que iniciara o Ché Guevara. Os seus contactos co marxismo foron da man de Régis Debray, pero unha decepcionante visita a La Habana en 1969 fano reflexionar sobre os seus posicionamentos políticos. Xa de volta en Ourense abandona os hábitos por mor de certos enfrontamentos co conservador bispo Monseñor Temiño. En 1976, da man do xornalista Alfonso Palomares e outros compañeiros da provincia fundou e organizou o PSOE ourensán. Foi un dos catro representantes socialistas galegos na Lexislatura Constituínte (1977-1979) procedente da Candidatura De

José Verdes Montenegro y Montoro (Madrid, 1865- Méco DF, 1939)

Imaxe
Nacido en Madrid en 1865, foi un dos máis destacados intelectuais do socialismo español. Estudante na Institución Libre de Enseñanza, licenciaríase en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid entre os anos 1885 e 1892. En novembro de 1899 chegaría a Ourense tras obter por concurso a Cátedra de Filosofía no Instituto Provincial, curiosamente  ocupada en 1897 polo que anos máis adiante sería outro gran líder do socialismo español, Julián Besteiro. Dende un principio José Verdes implicouse directamente na marcha da vida societaria da cidade, preocupándose fundamentalmente pola formación ideolóxica da clase obreira ourensá. Así pois, tan habituais eran as súas charlas e conferencias no Centro Obreiro como a súa participación en mitins de propaganda. Entre outras conferencias impartiu algunhas como El socialismo, la herencia y la propiedad, El socialismo y la familia, El trabajo y sus leyes, El socialismo y los ahorros e un longo etcétera. En 1901 acudirá como candidato ás

Alfonso Ortega Prada (1902-1944): A traxedia tras a traxedia

Imaxe
Nace o 17 de maio de 1902 en San Justo de Sanabria, Zamora. En 1930 instálase en Xares (A Veiga) coa súa familia, onde pouco tempo despois acadaría a secretaría da Sociedade Agraria de Xares (1933), creada anos atrás –en 1931- como resposta ó caciquismo imperante e integrante da FNTT-UGT dende os seus inicios. Esta sociedade chegou a ter 800 afiliados. Militante uxetista e socialista, o 03 de marzo de 1936 entra na Comisión xestora do Concello de A Veiga. Fervente crente no proxecto republicano, será integrante do Comité de Defensa da República de A Veiga nos primeiros momentos do alzamento nacional. Foi xulgado por un delito de rebelión militar, pero declarado en rebeldía –fuxido-. Iso non librou ao seu entorno familiar da sañuda represión dos falanxistas, pois queimáranlle a casa e detiveran á súa muller en varias ocasións para obrigala a informar do paradoiro de Ortega Prada. Tamén a súa nai foi expulsada polos falanxistas da vila de Xares. Permanecerá fuxido disfrazado de xornal

Tal día coma hoxe en 1929: A inauguración da Casa do Pobo de Ourense

Imaxe
Coincidindo coa celebración do 1º de Maio inaugurouse en 1929 a Casa do Pobo de Ourense. Entre os actos programados destacan dúas conferencias impartidas polo Delegado da Oficina Internacional do Traballo, Fabra Rivas.  Con tal motivo, animámosvos a ler a entrada publicada tempo atrás sobre a casa do pobo de Ourense. Feliz Día do Traballo!!! https://ourensesocialista.blogspot.com.es/2018/02/a-casa-do-pobo-de-ourense.html

Severino Nóvoa Gutiérrez

Natural e veciño de Ourense, este camareiro foi militante socialista e das Xuventudes Socialistas de Ourense, era o presidente da Sociedade de Camareiros, cociñeiros e similares (UGT) desta localidade. Dirixiu con Armando Fernández Mazas e outros o xornal antifascista Espartaco. Tras a folga revolucionaria de outubro de 1934 foi detido. Tras o Golpe de Estado de 1936 foi detido e acusado dun delito de rebelión militar con perversidade e trascendencia e condeado á pena máxima por un consello de guerra sen formación de causa. Foi fusilado no Campo de Aragón (Ourense) o 11/10/1937. FONTES: PRADA RODRÍGUEZ, J. (2006): De la agitación republicana a la represión franquista. Ourense 1934-1939. Barcelona: Ariel,  anexos.

Ático Noguerol Iglesias: o representante do galeguismo socialista en Ourense

Imaxe
Ilustración: Ático Noguerol, AHPOu Nacido en Ourense o 03 de setembro de 1888, faleceu o 19 de xullo de 1942. Curmán do galeguista Arturo Noguerol, foi nomeado auxiliar da Secretaría do Concello de Ourense en 1926. Popularmente é coñecido polo seu sentido do humor, o seu fondo coñecemento da historia e o patrimonio da cidade e o seu galeguismo militante. Foi Vicesecretario da Agrupación Socialista de Ourense (1931) e Vicesecretario da Sociedade de Empregados Municipais (1932), afecta á UGT. FONTES: La Región, 16.06.2017 La Lucha, 03.10.1931 El Pueblo Gallego, 15.01.1932 QUINTAS FERREÑO, F.J. (2012): Historia do movemento obreiro socialista (1895-1936) . Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.

Lectura recomendada: Geografía de la represión en Galicia

Imaxe
Durante os anos noventa do S. XX gran parte dos denominados netos da guerra alcanzaron a súa maioría de idade social. Moitos pertencían a unha xeración moito menos marcada polas consecuencias traumáticas da guerra civil e menos comprensiva co mantemento das políticas de fomento da memoria, aínda que ambos elementos foron determinantes para que se implicaran máis activamente na busca da traxectoria vital dos seus ancestros. Paralelamente, a apertura de diferentes arquivos, ata entón vedados, facilitou que novas fornadas de investigadores se implicaran na reconstrución desa parte do pasado. No caso de Galicia, a Facultade de Historia de Ourense foi pioneira na apertura desas liñas de investigación baseadas na sistemática exploración e utilización das fontes militares, policiais e carcelarias, imprescindibles para o estudo científico do que foi a represión franquista nesta comunidade, onde os formalismos legais e as prácticas relixiosas herdadas explican o xeneralizado costume de dar

Leonardo Álvarez Álvarez: o concelleiro socialista trivés vítima da mesquindade.

Casado, veciño de Pena Foleche (Póboa de Trives), canteiro de profesión, concelleiro socialista desde as eleccións de 1931 ata marzo de 1936 e voceiro da Agrupación Socialista.  Foi vítima da Lei de Fugas aplicada pola Guarda Civil a milicianos. Este home, fuxido desde os primeiros instantes da sublevación, foi sorprendido nas inmediacións da súa aldea o 30 de outubro de 1938 por varios Gardas Civís e soldados pertencentes á liña de Trives, sendo capturado cando pretendía darse á fuga.Segundo a súa familia foi delatado por un veciño que días antes tentara afacerse coas súas terras por un prezo irrisorio. Unha vez esposado, e segundo o atestado da G.C., pretende fuxir, recibindo catro disparos en distintas partes do corpo que lle producen a morte instantánea. Deixaba atrás unha viúva e oito fillos, o máis pequeno de sete meses e o maior de 19 anos. A súa esposa e fillos sufrirán posteriormente a raiba dos fascistas, vivindo violentos episodios en nocturnos rexistros domiciliarios. Leona

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

Imaxe
Dicen las crónicas que el primer lugar de España en el cual se proclamó la II República fue en la localidad de Eibar. Sin embargo, muy pocas personas saben que esto no es así, ya que si hacemos caso de lo que nos relata Armando Fernández Mazas en su libro Ourense:Atenas de Galicia (1989), fue Rivadavia, y no Eibar, la localidad que por primera vez proclamó la II República española. Según la crónica de Fernández Mazas en la noche del día 12 de abril de 1931, " al saber el triunfo de los republicanos en las elecciones municipales, después de celebrarlas en espléndido banquete, salió Antonio Buján acompañado de sus numerosos amigos y comensales y se dirigieron a la iglesia de Francelos en las afueras de Ribadavia. Colocaron en su espadaña la bandera republicana y lanzaron al vuelo las campanas despertando a los vecinos y proclamando con brillantes discursos la República. Fue el primer lugar de España donde se proclamó y no Eibar como figura en los anales de la historia. Con este

OS SOCIALISTAS OURENSÁNS RECUPERAN A MEMORIA DE SECUNDINO COUTO SOLLA, ALCALDE REPUBLICANO DE CANEDO.

Imaxe
O evento, no que se presentará o libro “Lembranza a Secundino Couto Solla”, celebrarase no local social da Sociedade Artística “La Troya” o próximo xoves e contará coa presenza dos seus familiares. A Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, por medio da Secretaría de Memoria Histórica,  organiza este xoves día 12, ás 20:00 horas, un acto na lembranza do alcalde republicano-socialista do antigo Concello de Canedo, hoxe máis coñecido como o barrio da Ponte. No evento presentarase o libro “Lembranza a Secundino Couto Solla. Alcalde republicano-socialista do Concello de Canedo”, editado pola Agrupación Provincial Socialista e a Fundación Luís Tilve co obxectivo de divulgar e rescatar do esquecemento a figura deste notable político ourensán. No mesmo participarán Rafael Rodríguez Villarino -Sº dos Socialistas Ourensáns- e os autores da obra, Francisco Javier Quintas –Sº Provincial de Memoria Histórica- e Hilde Couto Serantes –neta do biografado-. Secundino Couto Solla Natu

Secundino Couto Solla: o alcalde republicano-socialista do Concello de Canedo

Imaxe
Natural de Mourente (Pontevedra, 1873) foi unha das máis importantes figuras do obreirismo ourensán, ocupando diversos cargos de responsabilidade no seo das sociedades obreiras. Presidente do Centro de sociedades obreiras de Ourense en 1899 e da Agrupación Socialista de Ourense en 1900, á chegada da IIª República afiliaríase ao Partido Radical Socialista e a Unión Republicana, chagando a acadar a alcaldía do veciño concello de Canedo, onde máis asentado estaba o seu liderato. Será encausado pola xurisdición de guerra e posto a disposición gobernativa o 27/08/1936. Sufriu presidio en Celanova e Oseira, regresando finalmente ao seu fogar. No seu expediente de Responsabilidades Políticas, a Garda Civil di sempre que é do PSOE, mentres que outras fontes afirman que pertencía ao PRRS ata febreiro de 1936 en que pasou a UR. O propio expedientado recoñece tal militancia, aínda que afirma no ter ingresado de facto en UR. Asemade, foi xulgado polo Tribunal de Represión da Masonería e o Com

Lecturas recomendadas: Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra. Historias de la "longa noite de pedra"

Imaxe
" El trabajo Médicos ourensáns represaliados na Guerra Civil e a posguerra. Historias da "Longa noite de pedra",publicado por la FUndación 10 de Marzo en 2002 nació como un divertimento, como una curiosidad derivada de mis pesquisas acerca de la historia de la medicina ourensana...Sin embargo, poco a poco se fue convirtiendo en un compromiso frente a la desmemoria y el olvido sufrido por estos colegas médicos y sus familias, todos ellos víctimas de la represión, la depuración y la barbarie de aquella guerra civil. Hoy presentamos una segunda edición corregida y aumentada de aquel libro de 2002. Valores como libertad, solidaridad, participación ciudadana, compromiso social, igualdad, respeto a las personas...han estado presentes en todos y cada uno de los testimonios recogidos...Son, a su vez, valores que mi familia siempre me han transmitido y que intento que mis hijos asuman." David Simón Lorda, 2010. FICHA Título: Médicos Ourensanos Represaliados en la Gu

José Sueiro Martínez: a xeración de enlace entre o republicanismo e o constitucionalismo do 1978

Imaxe
José Sueiro (Foto: Jesús Regal / Faro de Vigo) Nacido en 1919, foi fillo de Manuel Sueiro, histórico mestre republicano ourensán, membro da ATEO, da Federación Republicana de Ourense, Director da Academia General e membro do PRRS que foi perseguido, enviado a prisión e inhabilitado para o exercicio da docencia durante o franquismo. Tamén mestre de profesión coma o seu pai, e irmán da coñecida mestra do Colexio Sueiro, Pacita Sueiro, exerceu en diversos centros da provincia ata a súa xubilación. José Sueiro iniciou a súa formación como mestre segundo os plans de formación dos mestres da República, abortados polo alzamento militar de 1936. En 1979, nas primeiras eleccións municipais da democracia, foi candidato á alcaldía de Ourense nas listas do PSOE. Acadou acta de concelleiro xunto con  con Juan Manuel Iglesias Rivera, Manuel Veiga Pombo, Manuel Rebollo Manzano e Manuel Estévez García. Dimitiu como concelleiro en 1981 por considerar indigno que persoas con outra profesión cob

Adolfo Rodríguez Ansias: o mestre da ATEO que viviu 28 anos emparedado

Imaxe
Rondíguez Ansias (2º pola esquerda) acompañado doutros membros da ATEO Orixinario de San Cibrao das Viñas e ideoloxía radical-socialistas, Adolfo Rodríguez Ansias era mestre republicano na escola de Bóveda (Amoeiro). Membro da ATEO, que en 1936 se adherira á FETE-UGT, foi tamén administrador da revista Escuela del Trabajo e o Boletín ATEO. Adolfo fora detido o 28 de outubro de 1934 baixo a acusación de inxurias ó réxime, cuxa causa foi sobresida. Contrario a levar ós nenos á igrexa, e identificado como inimigo do caciquismo, converteuse en branco da persecución tras a sublevación de xullo do 36. O seu foi un símbolo de extrema supervivencia, pois conseguiu eludir a súa detención permanecendo agochado nun zulo construído na vivenda dos seus tío en Ourense. O nonaxenario Carlos Domínguez (da familia dos “Capóns” de Bóveda) lembra a fuxida do mestre a través da historia que lle contara un familiar deste: “levárono oculto nun carro de uces dende Bóveda ata á Praza do Ferro” (en galego

O póximo día 12 de abril celebraremos un acto na memoria de Secundino Couto Solla, alcalde republicano de Canedo. Gustaríanos contar coa vosa presenza.

Imaxe

Armando Pompilio Fernández Mazas, o mestre da ATEO que refundou a FETE-UGT

Imaxe
Nacido en Ourense, o 30 de xaneiro de 1905, estudou na Escola Normal de Ourense, onde se graduou como mestre. No primeiro bienio republicano foi mestre na localidade e Bóveda (Amoeiro) e entrou en contacto coa Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), organización que en 1936 acaba adheríndose á FETE-UGT. No ano 1932 gaña en propiedade a súa praza de mestre en Vilariño (Pereiro de Aguiar). Militou no POUM e nas Xuventudes Socialistas Unificadas, sendo habitual colaborador no xornal antifascista ourensán Espartaco e na revista da ATEO Escuela del Trabajo. Co alzamento militar fuxe cara Castro Caldelas e entre os anos 1942 e 1947 refúxiase en Castro Leboreiro cunha identidade falsa. Instálase despois en Valencia, onde é detido co seu amigo Juan Rodríguez Dever en 1955 e trasladado á prisión de Carabanchel. En 1963 reincorpórase ao maxisterio, primeiro na illa da Gomera e despois en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975. Foi fundador no ano 1977 da FETE-UGT, da que

Francisco Dopazo Rodríguez: concelleiro socialista en Amoeiro e primeiro Deputado Provincial do PCE

Imaxe
Veciño de Parada de Amoeiro, foi concelleiro socialista no concello de Amoeiro durante a IIª República. As súas posturas escorarán cara a esquerda, chegando a converterse no primeiro deputado provincial do PCE en Ourense. Nacido en Rairo (Parada de Amoeiro) no seo dunha familia labrega o 31 de outubro de 1902, O Protasio é recordado como unha persoa amable e voluntariosa para cos demais, ademais dunha fantástica habilidade para o desempeño da súa profesión como carpinteiro. Sempre estivo moi comprometido co ideario obreirista, chegando a presidir o Sindicato da Madeira da Casa do Pobo de Ourense. Aínda que inicialmente abrazou o ideario socialista, ao longo da República radicalizou os seus postulados e abrazou o ideario comunista. Foi concelleiro socialista, ou comunista segundo queiramos ver, do Concello de Amoeiro durante todo o período republicano, así como Deputado Provincial desde o 21 de marzo de 1936, sendo así o primeiro deputado provincial do PCE. En 1930 foi Voceiro da a

Lecturas recomendadas: 120 anos do 1º de Maio en Galicia

Imaxe
Rosa María López González Coa publicación deste libro a Fundación Luís Tilve da un primeiro paso á hora de cubrir un dos baleiros máis notables en relación a historia do movemento obreiro en Galicia. Nel rescátase a historia dun dos seus símbolos máis importantes: a celebración do 1º de Maio. Cunha visión de corte histórico-xornalístico a autora repasa a xénese da loita a prol dos dereitos e os logros acadados pola clase traballadora ao longo dos últimos 120 anos en Galicia. Nº de páxs.: 158 pp. 24x17 cm. ISBN: 978-84-95773-15-9  FICHA Título: 120 anos do 1º de Maio en Galicia Autor: Rosa María López González Edita: Fundación Luís Tilve ISBN: 978-84-95773-15-9 

Enrique de los Arcos Fajardo: Presidente da Casa do Pobo de Carballiño

Imaxe
Natural de Madrid (1884), estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1907. Exerceu en Sigüeiro-Santiago e desde 1925 en Carballiño, onde foi médico forense e médico municipal. Foi impulsor da Sociedade Cultural Deportiva (19266) e tiña a súa propia escola onde impartía aulas gratuítas despois da súa xornada laboral, impartindo “hixiene”. Foi membro da UGT e Presidente da Casa do Pobo de Carballiño. Ao triunfar o golpe de Estado foi destituído como médico titular e inspector de sanidade do concello. Salvouse de maiores represalias por ter algunhas amizades entre xentes de dereitas e por ser o médico das monxas do asilo. Recuperou o seu posto en agosto de 1941. Faleceu en Carballiño en 1948. FONTE: Diccionario Biográfico del Socialislo Español:  http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico  

Lectura recomendada: Verín baixo o franquismo. A represión so 36, a resistencia e a guerrilla

Imaxe
O libro é froito do traballo desenvolvido por Xerardo Dasairas nos últimos anos. No seu Limiar, o autor fai unha declaración de intencións máis que evidente: «Este traballo ten como obxectivo prioritario rescatar para a memoria o maior número posíbel de persoas asasinadas, fusiladas e represaliadas na comarca de Verín durante o Franquismo». Un obxectivo nada doado xa que o autor atopouse con moitas dificultades para acceder a fontes documentais «e sobre todo para poder transcribir as actas do proceso 1.021, que coido que é a aportación máis importante os traballos da memoria histórica porque ata o de agora non se fixera na medida en que aparece neste traballo», e Xerardo Dasairas conseguiuno grazas a ir traballando coa paciencia dun franciscano para encaixar as pezas «e grazas a ir conseguindo material no Archivo Histórico de Ourense e recollendo as contribucións facilitadas polos investigadores que participaron no Congreso de Narón e noutros foros da memoria». FICHA Título: Verí

Lecturas recomendadas: Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión

Imaxe
O modelo represivo franquista privou a moitas víctimas ata dun lugar público de execución, e ós seus parentes do pequeno consolo dunha oración diante da súa tumba; dereito que nin sequera o sanguinario Aquiles lle negara ó ancián rei Príamo cando, conmovido polo seu pranto, accedeu a lle entregar o corpo de Héctor, seu mortal inimigo. Por iso son demasiadas as víctimas da represión paralegal, os paseados ou claudiados, que non figuran nas páxinas do libro malia os anos de investigación e as múltiples fontes traballadas. A natureza represiva do réxime franquista non se vai a ver alterada porque engadamos ou restemos cen ou duascentas víctimas máis ó obituario ourensán, pero o saneamento da memoria colectiva dun pobo é labor de todos; emporiso non é, non pode ser, un libro pechado senón aberto a todos cantos queiran deixar constancia da barbarie daqueles anos. A todos eles faise unha chamada dende estas páxinas para que colaboren na recuperación dunha parte do noso pasado que cómpre n

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova

Imaxe
Tiramos de Hixinio Araúxo, neto de Ricardo Varela Feijoo, este fragmento da súa Lembranza do meu avó - publicada pola revista Arraianos hai xa uns anos- no cal se fai unha pequena biografía de Ricardo Feijoo Varela, a quen hoxe desexamos render tributo. Ricardo Feijoo (noi círculo da esquerda) na celebración do 1º de Maio de 1936 coa Sociedade de Oficios Varios de Celanova (UGT) e Manuel Suárez Castro (factotum do socialismo ourensán, no círculo da dereita) Ricardo Feijoo Varela (Moreiras-Celanova 1875-Celanova, 1949) Ricardo Feijóo Varela, “Maus”, naceu en Moreiras (Celanova) en 1875. Estudou cos pais escolapios no mosteiro de Celanova ata o bacharelato, renunciando logo a proseguir a carreira para facerse sacerdote. Ao rematar o servizo militar en Vitoria dirixiuse a Bilbao para traballar como carpinteiro e cursar estudos na prestixiosa Escola de Artes e Oficios, destacando como debuxante. Foi en Bilbao onde entrou en contacto cos ideais socialistas que irromperan nas zona

Entrevista con Paco Sarria en Onda Cero Ourense sobre o proxecto de Memoria Histórica do PSdeG-PSOE de Ourense

Imaxe
Déixovos aquí o enlace á entrevista qie mantiven con Paco sarria hai unhas semanas arredor do proxecto de recuperación da Memoria Histórica que estamos a desenvolver a través da Secretaría de Memoria Histórica da Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense. Espero que resulte do voso interese. Un fraternal saúdo! http://www.ivoox.com/24371924

Marcelino Fernández Prada, un alcalde socialista exemplar (A Rúa de Petín-San Xulián 20.09.1895 - Lugo 08.06.1944)

Imaxe
Industrial e mestre de obras, á súa chegada a Coruña en 1928 procedente de Nova York permaneceu varios días detido. Estableceuse en San Clodio - Ribas de Sil (Lugo), onde foi elixido alcalde tras a repetición das eleccións municipais o 31 de maio de 1931. Ocupou dito cargo ata o 22 de xullo de 1936. O 21 de abril de 1931 participou na constitución da Agrupación Socialista Obreira "Fraternidad y Trabajo" de San Clodio, vencellada á UGT e ao PSOE como Agrupación Socialista local desde maio dese mesmo ano, sendo ademais o seu primeiro presidente e representándoa no Congreso extraordinario do PSOE de xullo de 1931. Participou activamente na Revolución de 1934, polo que se viu na obriga de fuxir cara Portugal ata pouco antes das eleccións de 1936. Foi candidato do PSOE por Lugo nas eleccións xerais de febreiro de 1936, aínda que non obtivo escano. No mes de abril foi elixido compromisario do PSOE por Lugo para a elección do novo Presidente da República (Manuel Azaña). Fi

Semana do feminismo e o socialismo (VII): Hildegart Rodríguez Carballeira ("La Virgen Roja")

Imaxe
Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público.  Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga  por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos.  Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a  Secretaría  Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense   celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas  que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cremos nos pr

Semana do feminismo e o socialismo (VI): Pilar Jaraíz Franco (1916-1996)

Imaxe
Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público.  Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga  por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos.  Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a  Secretaría  Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense   celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas  que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cremos nos pr

Semana do feminismo e o socialismo (V): María Luisa Fernández Lafuente

Imaxe
Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público.  Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga  por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos.  Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a  Secretaría  Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense   celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas  que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cremos nos pr

Semana do feminismo e o socialismo (IV): Carmen García Bloise

Imaxe
Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público.  Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga  por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos.  Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a  Secretaría  Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense   celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas  que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cremos nos pr