As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia
A obra mergullanos na vida de Pablo Iglesias e os seus contactos e reunións cos traballadores galegos e as súas sociedades, así como a súa amizade e confluencia ideolóxica cos líderes locais do socialismo, que comezaba, entón, a configurarse en Galicia dun xeito orgánico. A través de diversas visitas realizadas polo líder socialista entre 1892 e 1915, Emilio Garrido introdúcese nos problemas que dificultan o asentamento da ideoloxía socialista e o desenvolvemento da organización nunha Galicia atrasada e conservadora, e valora especialmente o impulso que Pablo Iglesias lle dá á configuración do Partido Socialista e da UGT nas diferentes localidades e sectores laborais, en estreita colaboración cos que serán os máis fieis seguidores, a proxección da personalidade e do pensamento do dirixente socialista, así como a súa vinculación á Galicia de entre séculos, necesitada de cambios. O autor, Emilio Garrido Moreira, natural de Zas e licenciado en Historia Contemporanea pola Univers...