Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta UGT

A primeira estrutura provincial da historia do socialismo ourensán: A Federación Agraria e de Colectividades Socialistas de Ourense (1931)

Imaxe
A estrutura provincial das forzas socialistas, malia o que poida parecer, non é nin moito menos a máis tradicional no seo do noso partido. Tal é así que tan só temos que retrotraernos ao ano 2009 para ver como o PSdeG apostaba pola vixente configuración, a cal o paso do tempo non parece terlle sentado ben. Sen entrar en maiores consideracións, desexamos lembrar aquí á que realmente foi a primeira organización de carácter provincial das forzas socialistas, pois en boa medida é descoñecida polo público en xeral. O crecemento experimentado polo socialismo durante os anos ´20 e o novo horizonte aberto tras a instauración da IIª República, que traerá consigo un novo e notable incremento dos efectivos socialistas e uxetistas en toda a provincia, obrigou ao PSOE e á UGT a unha nova reorganización dos seus efectivos co obxectivo coñecer con maior exactitude a dimensión e implantación das súas sociedades, mellorar a coordinación e comunicación coas células locais e contruír as sólidas base...

José Verdes Montenegro y Montoro (Madrid, 1865- Méco DF, 1939)

Imaxe
Nacido en Madrid en 1865, foi un dos máis destacados intelectuais do socialismo español. Estudante na Institución Libre de Enseñanza, licenciaríase en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid entre os anos 1885 e 1892. En novembro de 1899 chegaría a Ourense tras obter por concurso a Cátedra de Filosofía no Instituto Provincial, curiosamente  ocupada en 1897 polo que anos máis adiante sería outro gran líder do socialismo español, Julián Besteiro. Dende un principio José Verdes implicouse directamente na marcha da vida societaria da cidade, preocupándose fundamentalmente pola formación ideolóxica da clase obreira ourensá. Así pois, tan habituais eran as súas charlas e conferencias no Centro Obreiro como a súa participación en mitins de propaganda. Entre outras conferencias impartiu algunhas como El socialismo, la herencia y la propiedad, El socialismo y la familia, El trabajo y sus leyes, El socialismo y los ahorros e un longo etcétera. En 1901 acudirá como candidato...

Alfonso Ortega Prada (1902-1944): A traxedia tras a traxedia

Imaxe
Nace o 17 de maio de 1902 en San Justo de Sanabria, Zamora. En 1930 instálase en Xares (A Veiga) coa súa familia, onde pouco tempo despois acadaría a secretaría da Sociedade Agraria de Xares (1933), creada anos atrás –en 1931- como resposta ó caciquismo imperante e integrante da FNTT-UGT dende os seus inicios. Esta sociedade chegou a ter 800 afiliados. Militante uxetista e socialista, o 03 de marzo de 1936 entra na Comisión xestora do Concello de A Veiga. Fervente crente no proxecto republicano, será integrante do Comité de Defensa da República de A Veiga nos primeiros momentos do alzamento nacional. Foi xulgado por un delito de rebelión militar, pero declarado en rebeldía –fuxido-. Iso non librou ao seu entorno familiar da sañuda represión dos falanxistas, pois queimáranlle a casa e detiveran á súa muller en varias ocasións para obrigala a informar do paradoiro de Ortega Prada. Tamén a súa nai foi expulsada polos falanxistas da vila de Xares. Permanecerá fuxido disfrazado de xornal...

Tal día coma hoxe en 1929: A inauguración da Casa do Pobo de Ourense

Imaxe
Coincidindo coa celebración do 1º de Maio inaugurouse en 1929 a Casa do Pobo de Ourense. Entre os actos programados destacan dúas conferencias impartidas polo Delegado da Oficina Internacional do Traballo, Fabra Rivas.  Con tal motivo, animámosvos a ler a entrada publicada tempo atrás sobre a casa do pobo de Ourense. Feliz Día do Traballo!!! https://ourensesocialista.blogspot.com.es/2018/02/a-casa-do-pobo-de-ourense.html

Severino Nóvoa Gutiérrez

Natural e veciño de Ourense, este camareiro foi militante socialista e das Xuventudes Socialistas de Ourense, era o presidente da Sociedade de Camareiros, cociñeiros e similares (UGT) desta localidade. Dirixiu con Armando Fernández Mazas e outros o xornal antifascista Espartaco. Tras a folga revolucionaria de outubro de 1934 foi detido. Tras o Golpe de Estado de 1936 foi detido e acusado dun delito de rebelión militar con perversidade e trascendencia e condeado á pena máxima por un consello de guerra sen formación de causa. Foi fusilado no Campo de Aragón (Ourense) o 11/10/1937. FONTES: PRADA RODRÍGUEZ, J. (2006): De la agitación republicana a la represión franquista. Ourense 1934-1939. Barcelona: Ariel,  anexos.

Ático Noguerol Iglesias: o representante do galeguismo socialista en Ourense

Imaxe
Ilustración: Ático Noguerol, AHPOu Nacido en Ourense o 03 de setembro de 1888, faleceu o 19 de xullo de 1942. Curmán do galeguista Arturo Noguerol, foi nomeado auxiliar da Secretaría do Concello de Ourense en 1926. Popularmente é coñecido polo seu sentido do humor, o seu fondo coñecemento da historia e o patrimonio da cidade e o seu galeguismo militante. Foi Vicesecretario da Agrupación Socialista de Ourense (1931) e Vicesecretario da Sociedade de Empregados Municipais (1932), afecta á UGT. FONTES: La Región, 16.06.2017 La Lucha, 03.10.1931 El Pueblo Gallego, 15.01.1932 QUINTAS FERREÑO, F.J. (2012): Historia do movemento obreiro socialista (1895-1936) . Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.

Secundino Couto Solla: o alcalde republicano-socialista do Concello de Canedo

Imaxe
Natural de Mourente (Pontevedra, 1873) foi unha das máis importantes figuras do obreirismo ourensán, ocupando diversos cargos de responsabilidade no seo das sociedades obreiras. Presidente do Centro de sociedades obreiras de Ourense en 1899 e da Agrupación Socialista de Ourense en 1900, á chegada da IIª República afiliaríase ao Partido Radical Socialista e a Unión Republicana, chagando a acadar a alcaldía do veciño concello de Canedo, onde máis asentado estaba o seu liderato. Será encausado pola xurisdición de guerra e posto a disposición gobernativa o 27/08/1936. Sufriu presidio en Celanova e Oseira, regresando finalmente ao seu fogar. No seu expediente de Responsabilidades Políticas, a Garda Civil di sempre que é do PSOE, mentres que outras fontes afirman que pertencía ao PRRS ata febreiro de 1936 en que pasou a UR. O propio expedientado recoñece tal militancia, aínda que afirma no ter ingresado de facto en UR. Asemade, foi xulgado polo Tribunal de Represión da Masonería e o Com...

Adolfo Rodríguez Ansias: o mestre da ATEO que viviu 28 anos emparedado

Imaxe
Rondíguez Ansias (2º pola esquerda) acompañado doutros membros da ATEO Orixinario de San Cibrao das Viñas e ideoloxía radical-socialistas, Adolfo Rodríguez Ansias era mestre republicano na escola de Bóveda (Amoeiro). Membro da ATEO, que en 1936 se adherira á FETE-UGT, foi tamén administrador da revista Escuela del Trabajo e o Boletín ATEO. Adolfo fora detido o 28 de outubro de 1934 baixo a acusación de inxurias ó réxime, cuxa causa foi sobresida. Contrario a levar ós nenos á igrexa, e identificado como inimigo do caciquismo, converteuse en branco da persecución tras a sublevación de xullo do 36. O seu foi un símbolo de extrema supervivencia, pois conseguiu eludir a súa detención permanecendo agochado nun zulo construído na vivenda dos seus tío en Ourense. O nonaxenario Carlos Domínguez (da familia dos “Capóns” de Bóveda) lembra a fuxida do mestre a través da historia que lle contara un familiar deste: “levárono oculto nun carro de uces dende Bóveda ata á Praza do Ferro” (en galego ...

Armando Pompilio Fernández Mazas, o mestre da ATEO que refundou a FETE-UGT

Imaxe
Nacido en Ourense, o 30 de xaneiro de 1905, estudou na Escola Normal de Ourense, onde se graduou como mestre. No primeiro bienio republicano foi mestre na localidade e Bóveda (Amoeiro) e entrou en contacto coa Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), organización que en 1936 acaba adheríndose á FETE-UGT. No ano 1932 gaña en propiedade a súa praza de mestre en Vilariño (Pereiro de Aguiar). Militou no POUM e nas Xuventudes Socialistas Unificadas, sendo habitual colaborador no xornal antifascista ourensán Espartaco e na revista da ATEO Escuela del Trabajo. Co alzamento militar fuxe cara Castro Caldelas e entre os anos 1942 e 1947 refúxiase en Castro Leboreiro cunha identidade falsa. Instálase despois en Valencia, onde é detido co seu amigo Juan Rodríguez Dever en 1955 e trasladado á prisión de Carabanchel. En 1963 reincorpórase ao maxisterio, primeiro na illa da Gomera e despois en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975. Foi fundador no ano 1977 da FETE-UGT, da que ...

Francisco Dopazo Rodríguez: concelleiro socialista en Amoeiro e primeiro Deputado Provincial do PCE

Imaxe
Veciño de Parada de Amoeiro, foi concelleiro socialista no concello de Amoeiro durante a IIª República. As súas posturas escorarán cara a esquerda, chegando a converterse no primeiro deputado provincial do PCE en Ourense. Nacido en Rairo (Parada de Amoeiro) no seo dunha familia labrega o 31 de outubro de 1902, O Protasio é recordado como unha persoa amable e voluntariosa para cos demais, ademais dunha fantástica habilidade para o desempeño da súa profesión como carpinteiro. Sempre estivo moi comprometido co ideario obreirista, chegando a presidir o Sindicato da Madeira da Casa do Pobo de Ourense. Aínda que inicialmente abrazou o ideario socialista, ao longo da República radicalizou os seus postulados e abrazou o ideario comunista. Foi concelleiro socialista, ou comunista segundo queiramos ver, do Concello de Amoeiro durante todo o período republicano, así como Deputado Provincial desde o 21 de marzo de 1936, sendo así o primeiro deputado provincial do PCE. En 1930 foi Voceiro da a...

Enrique de los Arcos Fajardo: Presidente da Casa do Pobo de Carballiño

Imaxe
Natural de Madrid (1884), estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1907. Exerceu en Sigüeiro-Santiago e desde 1925 en Carballiño, onde foi médico forense e médico municipal. Foi impulsor da Sociedade Cultural Deportiva (19266) e tiña a súa propia escola onde impartía aulas gratuítas despois da súa xornada laboral, impartindo “hixiene”. Foi membro da UGT e Presidente da Casa do Pobo de Carballiño. Ao triunfar o golpe de Estado foi destituído como médico titular e inspector de sanidade do concello. Salvouse de maiores represalias por ter algunhas amizades entre xentes de dereitas e por ser o médico das monxas do asilo. Recuperou o seu posto en agosto de 1941. Faleceu en Carballiño en 1948. FONTE: Diccionario Biográfico del Socialislo Español:  http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico  

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova

Imaxe
Tiramos de Hixinio Araúxo, neto de Ricardo Varela Feijoo, este fragmento da súa Lembranza do meu avó - publicada pola revista Arraianos hai xa uns anos- no cal se fai unha pequena biografía de Ricardo Feijoo Varela, a quen hoxe desexamos render tributo. Ricardo Feijoo (noi círculo da esquerda) na celebración do 1º de Maio de 1936 coa Sociedade de Oficios Varios de Celanova (UGT) e Manuel Suárez Castro (factotum do socialismo ourensán, no círculo da dereita) Ricardo Feijoo Varela (Moreiras-Celanova 1875-Celanova, 1949) Ricardo Feijóo Varela, “Maus”, naceu en Moreiras (Celanova) en 1875. Estudou cos pais escolapios no mosteiro de Celanova ata o bacharelato, renunciando logo a proseguir a carreira para facerse sacerdote. Ao rematar o servizo militar en Vitoria dirixiuse a Bilbao para traballar como carpinteiro e cursar estudos na prestixiosa Escola de Artes e Oficios, destacando como debuxante. Foi en Bilbao onde entrou en contacto cos ideais socialistas que irromperan nas zona...

Marcelino Fernández Prada, un alcalde socialista exemplar (A Rúa de Petín-San Xulián 20.09.1895 - Lugo 08.06.1944)

Imaxe
Industrial e mestre de obras, á súa chegada a Coruña en 1928 procedente de Nova York permaneceu varios días detido. Estableceuse en San Clodio - Ribas de Sil (Lugo), onde foi elixido alcalde tras a repetición das eleccións municipais o 31 de maio de 1931. Ocupou dito cargo ata o 22 de xullo de 1936. O 21 de abril de 1931 participou na constitución da Agrupación Socialista Obreira "Fraternidad y Trabajo" de San Clodio, vencellada á UGT e ao PSOE como Agrupación Socialista local desde maio dese mesmo ano, sendo ademais o seu primeiro presidente e representándoa no Congreso extraordinario do PSOE de xullo de 1931. Participou activamente na Revolución de 1934, polo que se viu na obriga de fuxir cara Portugal ata pouco antes das eleccións de 1936. Foi candidato do PSOE por Lugo nas eleccións xerais de febreiro de 1936, aínda que non obtivo escano. No mes de abril foi elixido compromisario do PSOE por Lugo para a elección do novo Presidente da República (Manuel Azaña). Fi...

Eladio Moure Rey (Ourense, 1901- ?)

Imaxe
Empregado de banca, nace en Ourense en 1901. Foi un destacado militante do PSOE e organizador da última campaña electoral da República. Con motivo da folga revolucionaria de 1934 sufrira pena de desterro por seren un dos principais instigadores e organizadores da mesma. Exerceu como Secretario da Agrupación de Dependencia Mercantil y Bancaria de Ourense, representante nos Xurados Mixtos, membro da Federación Provincial Agraria (1931), Bibliotecario do Comité Local da UGT (1931), militante da Agrupación Socialista de Ourense e delegado ao Congreso rexional do PSOE de Monforte (1931), Vocal do Comité local do PSOE de Ourense e delegado por Ourense ao Congreso das JJSS en 1922. Foi membro da Respectable Loxa Constancia nº 13 de Ourense, onde empregaba o pseudónimo de “Karl Marx”. FONTES: QUINTAS FERREÑO, F.J. (2012): Movemento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936), Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. El Socialista: 18.10.1929

A Casa do Pobo de Ourense

Imaxe
Se hai un símbolo que represente o avance e o triunfo do movemento obreiro, non pode ser outro que as chamadas Casas do Pobo. Máis alá de seren un mero edificio no que as diferentes sociedades obreiras estableceran as súas sés, constitúen realmente un espazo de convivencia e acollida fraternal de tódolos traballadores e traballadoras comprometidos coa loita obreira, o progreso e o igualitarismo social. Son, en definitiva, os templos laicos do socialismo dende os que se difundía o evanxeo marxista e se exercía a solidariedade obreira. OS INICIOS Os inicios do movemento obreiro en Ourense están intimamente ligados ó nacemento da Federación Local da Iª Internacional (formada por carpinteiros, zapateiros e obreiros da construción) e o chamado Centro y Sociedades Obreras no ano 1885. Este último instalará a súa sé na Casa de Gullón (antiga Praza do Cid, actual Eirociño dos Cabaleiros), chegando a constituír o núcleo de inspiración das ideas sociais do republicanismo local ...

Antonio Taboada Novoa

Imaxe
Antonio Taboada Novoa, tipógrafo de profesión, traballou na Cooperativa Gráfica Orensana donde se publicaba o periódico Espartaco. Foi membro da Sociedad de Tipógrafos da UGT e afiliado ás Xuventudes Socialistas de Orense dende 1932, nas que ocupou distintas responsabilidades en diferentes executivas. Foi directivo da Casa do Pobo de Ourense. Pertenceu ó sector máis á esquerda do PSOE, sendo candidato por Ourense nas eleccións xerais de febreriro de 1936. O triunfar o golpe de xullo, fuxiu, permanecendo na clandestinidade ata o 2 de decembro do ano 36, dia que foi detido polos facciosos.  Condeado á pena de morte no Consello de Guerra celebrado en Orense o 22 de maio de 1937, foi executado ós 29 años o 27 de xullo de ese mismo ano nas inmediacions do cuartel de San Francisco. Nin esquecemos, nin perdoamos.  O noso recoñecemento ós mártires da liberdade, a democracia e a xusticia social.

Armando Fernández Mazas: o pioneiro na recuperación da memoria histórica en Ourense

Imaxe
Armando Fernández Mazas, esquecido mesmo polos seus propios correlixionarios, foi un destacado membro da ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense) nos tempos da IIª República. Mestre de profesión, pasou polas escolas de Bóveda de Amoeiro e Villariño en Pereiro de Aguiar, sendo un profesional comprometido co ideario republicano e progresista. Ideoloxicamente estaba situado podería ser definido como troskista, tendo militado en Izquierda Comunista de España e no POUM, así como afiliado á UGT tras o ingreso da ATEO na FETE (Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza). Tras o Golpe de Estado de 1936, fuxe e permanece escondido en Castro Caldelas e Castro Leboeiro cunha identidade falsa, pasando despois a vivir en Valencia ata que é detido en 1955. A partir de 1963 reincorpórase ao maxisterio, exercendo na Gomera e en Pombeiro, no concello lugués de Pantón, ata a súa xubilación en 1975. Coa morte de Franco participa na reorganización do PSOE en Ourens...

Historia do movemento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936)

Imaxe
Nesta obra, o autor describe minuciosamente a xénese e organización das primeiras sociedades obreiras da provincia de Ourense, facendo especial fincapé na inxente labor levada a cabo polos pioneiros do movemento obreiro na provincia, tales como José Verdes Montenegro, Heriberto Pérez Proenza ou, o tan querido, Manuel Suárez Castro -"Manoliño", como era coñecido agarimosamente na cidade-, que lideraron a loita polos dereitos das clases máis populares, contribuíndo de forma decisiva á construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, aínda a custe das súas vidas.     Francisco Javier Quintas Ferreño (Tui, 1979) é Licenciado en Humanidades, Master en Tic´s aplicadas a Educación pola USC e Máster en Investigación Psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares pola UVigo. Investigador e Delegado da Fundación Luís Tilve en Ourense, tamén colabora como membro do Consello de Redacción da Revista Claridade. A súa labor como historiador céntrase no estu...

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Imaxe
Malia a hexemonía nacionalista dos últimos anos na vila de Allariz, moi poucas persoas saben que tempo atrás a implantación socialista en terras alaricanas estaba lonxe de ser testemuñal. Tal é así, que as primeiras novas da chegada do ideario socialista a esta vila témolas xa en 1913, cando foi creada a Sociedade de Dependencia de Comercio e Banca de Allariz , segundo nos informa El Socialista . Ese mesmo ano a sociedade alaricana participou na I Asemblea de Sociedades de Dependentes de Comercio de Galicia celebrada en Vigo, á que acudirían tamén as recentemente organizadas sociedades do ramo de Ourense, Celanova e Verín para adherirse á socialista Unión General de Trabajadores (UGT) . A Sociedade de Dependencia e Comercio de Allariz será, sen ningún xénero de dúbidas, o corazón socialista da vila, establecendo como centro neurálxico un Centro Obreiro do que lamentablemente non puidemos saber a súa localización. Será este un lugar de encontro para republicanos e esquerdi...

José Cernadas Pérez: un ourensán no corazón do socialismo español.

Imaxe
Natural de Santiago de Compostela (29.01.1880), iniciou a súa carreira sindical e profesional en Ourense. Segundo toma Borobó de Juan José Morato, José Cernadas “rexentou sucesivamente as mellores imprentas de Ourense, onde se estampaban sendos xornais locais, este de esquerda – El Miño, de Vicente Pérez – e outro de dereita – El Eco de Orense –”. Morato caracterízao coma un operario que dominaba o oficio na súa integridade, que tiña unha cultura pouco común e unha grande facilidade de palabra. Orador elocuente, podía ser considerado un habilísimo político. Para mellorar economicamente trasladouse a Vigo, traballando no seu oficio e ocupando diferentes cargos na Agrupación Socialista e na sección Tipográfica. En Ourense destacou por ser un importante orador e organizador de Sociedades Agrarias e Oficios Varios no entorno da cidade. Na primeira década do S.XX Cernadas marcha para Madrid, ingresando o 03.10.1910 na emblemática Asociación General del Arte de Imprimir. Foi elixido vi...