Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Concello de Allariz

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Imaxe
Malia a hexemonía nacionalista dos últimos anos na vila de Allariz, moi poucas persoas saben que tempo atrás a implantación socialista en terras alaricanas estaba lonxe de ser testemuñal. Tal é así, que as primeiras novas da chegada do ideario socialista a esta vila témolas xa en 1913, cando foi creada a Sociedade de Dependencia de Comercio e Banca de Allariz , segundo nos informa El Socialista . Ese mesmo ano a sociedade alaricana participou na I Asemblea de Sociedades de Dependentes de Comercio de Galicia celebrada en Vigo, á que acudirían tamén as recentemente organizadas sociedades do ramo de Ourense, Celanova e Verín para adherirse á socialista Unión General de Trabajadores (UGT) . A Sociedade de Dependencia e Comercio de Allariz será, sen ningún xénero de dúbidas, o corazón socialista da vila, establecendo como centro neurálxico un Centro Obreiro do que lamentablemente non puidemos saber a súa localización. Será este un lugar de encontro para republicanos e esquerdi...