Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Socialismo Ourensán

Alfonso Quintana Pena: Deputado socialista por Ourense nas Cortes republicanas

Imaxe
Alfonso Quintana Pena coa súa esposa en compaña de Manuel Suárez Castro tras un mitin en 1931 na Casa do Pobo de Ourense. Nacido en Viveiro (Lugo) o 14 de xaneiro de 1897, estudou Bacharelato no Instituto Provincial de Lugo e licenciouse en Dereito no ano 1928 pola  Universidade Central de Madrid. En 1922 participou na organización da Agrupación Socialista de Viveiro, pero un ano despois incorporouse ao Exército de Operacións de España en África, onde cumpliu o seu servizo militar e permaneceu voluntariamente catro anos máis. Ao seu regreso instálase en Ferrol, ingresando na Sociedade de Oficios Varios da UGT en 1930 e saíndo elixido concelleiro nas eleccións de abril de 1931, proclamando a República desde o balcón da Casa Consistorial. Representou ás Agrupacións Socialistas de Ferrol e Neda (A Coruña) no Congreso Extraordinario do PSOE de 1931. Nas eleccións Xerais de 1931 concorreu como candidato a Cortes por Ourense, saíndo elixido Deputado. Formou parte entón da Comis...

José López Darriva (1887-1952): Un exemplo de compromiso socialista na clandestinidade

Imaxe
A figura de José López Darriva dentro do socialismo ourensán foi por moito tempo descoñecida. Habitual colaborador de El Socialista e do semanario socialista ourensán La Lucha (1935-1932), ata a publicación do Diccionario biográfico del socialismo español da Fundación Pablo Iglesias nada soubemos da súa traxectoria vital e política que hoxe, con motivo dos 131 anos do seu nacemento, desexamos facer presente. Perito mercantil e xornalista, José López Darriva naceu en Ourense o 23 de febreiro de 1887. Pouco sabemos das súas actividades na cidade das Burgas, mais si temos constancia da súa afiliación á Agrupación Socialista de Ourense con anterioridade a marzo de 1913, cando ingresa na Agrupación Socialista de Madrid procedente desta. Foi Secretario do Comité Nacional das Xuventudes Socialistas de España de 1912 a 1915, así como vocal do mesmo entre 1915 e 1919. Ao residir en Madrid, tamén representou á Agrupación Socialista de Ourense nos IX e X Congreso do PSOE (1912 e 1915). A...

Armando Fernández Mazas: o pioneiro na recuperación da memoria histórica en Ourense

Imaxe
Armando Fernández Mazas, esquecido mesmo polos seus propios correlixionarios, foi un destacado membro da ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense) nos tempos da IIª República. Mestre de profesión, pasou polas escolas de Bóveda de Amoeiro e Villariño en Pereiro de Aguiar, sendo un profesional comprometido co ideario republicano e progresista. Ideoloxicamente estaba situado podería ser definido como troskista, tendo militado en Izquierda Comunista de España e no POUM, así como afiliado á UGT tras o ingreso da ATEO na FETE (Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza). Tras o Golpe de Estado de 1936, fuxe e permanece escondido en Castro Caldelas e Castro Leboeiro cunha identidade falsa, pasando despois a vivir en Valencia ata que é detido en 1955. A partir de 1963 reincorpórase ao maxisterio, exercendo na Gomera e en Pombeiro, no concello lugués de Pantón, ata a súa xubilación en 1975. Coa morte de Franco participa na reorganización do PSOE en Ourens...