Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Memoria Histórica

O Socialismo ourensá, a través da súa secretaría de Memoría Histórica, rende tributo a memoria das vitimas do Holocausto da provincia de Ourense

Imaxe
O 1º de novembro de 2005 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 27 de xaneiro como o Día Internacional da Memoria das Vítimas do Holocausto e, por extensión, de todas aquelas persoas que viron truncada a súa vida por mor do fanatismo, a intransixencia e crueldade fascista. En España o Golpe de Estado de xullo de 1936 deu inicio a unha das etapas máis negras da nosa historia, unha etapa tinguida de odio, de morte e sangue, de medo e humillación para milleiros de persoas no noso país. A natureza fascista e xenocida da ditadura franquista –así considerada desde o ámbito académico - vén de ser recoñecida poucos días atrás polo  propio Parlamento Galego nunha declaración institucional coa que restablecer a memoria de milleiros de homes e mulleres vítimas da senrazón. O historiador Enrique Barrera na súa obra Galegos en Mauthausen infórmanos de que 179 foron os galegos que sufriron reclusión nos campos de exterminio nazi, 34 dos cales eran ourensáns. José García Ro...