José López Darriva (1887-1952): Un exemplo de compromiso socialista na clandestinidade
A figura de José López Darriva dentro do socialismo ourensán foi por moito tempo descoñecida. Habitual colaborador de El Socialista e do semanario socialista ourensán La Lucha (1935-1932), ata a publicación do Diccionario biográfico del socialismo español da Fundación Pablo Iglesias nada soubemos da súa traxectoria vital e política que hoxe, con motivo dos 131 anos do seu nacemento, desexamos facer presente. Perito mercantil e xornalista, José López Darriva naceu en Ourense o 23 de febreiro de 1887. Pouco sabemos das súas actividades na cidade das Burgas, mais si temos constancia da súa afiliación á Agrupación Socialista de Ourense con anterioridade a marzo de 1913, cando ingresa na Agrupación Socialista de Madrid procedente desta. Foi Secretario do Comité Nacional das Xuventudes Socialistas de España de 1912 a 1915, así como vocal do mesmo entre 1915 e 1919. Ao residir en Madrid, tamén representou á Agrupación Socialista de Ourense nos IX e X Congreso do PSOE (1912 e 1915). A...