Protagonistas na Transición: Celso Montero Rodríguez (1930-2003)
Nacido en Quintela de Leirado en 1930, foi membro do goberno pre-autonómico galego e senador do PSOE pola provincia de Ourense. Fillo dun emigrante en Guinea Ecuatorial, as penurias económicas determinaron que estudiara no Seminario de Ourense. Ordenado sacerdote, estudou a carreira eclesiástica na Universidade Pontificia de Comillas (Santander). En 1965, no seminario de Cochabamba (Bolivia) coincidiu con compañeiros que se unirían á guerrilla que iniciara o Ché Guevara. Os seus contactos co marxismo foron da man de Régis Debray, pero unha decepcionante visita a La Habana en 1969 fano reflexionar sobre os seus posicionamentos políticos. Xa de volta en Ourense abandona os hábitos por mor de certos enfrontamentos co conservador bispo Monseñor Temiño. En 1976, da man do xornalista Alfonso Palomares e outros compañeiros da provincia fundou e organizou o PSOE ourensán. Foi un dos catro representantes socialistas galegos na Lexislatura Constituínte (1977-1979) procedente da Candidatura De