Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xerardo Dasairas

Lectura recomendada: Verín baixo o franquismo. A represión so 36, a resistencia e a guerrilla

Imaxe
O libro é froito do traballo desenvolvido por Xerardo Dasairas nos últimos anos. No seu Limiar, o autor fai unha declaración de intencións máis que evidente: «Este traballo ten como obxectivo prioritario rescatar para a memoria o maior número posíbel de persoas asasinadas, fusiladas e represaliadas na comarca de Verín durante o Franquismo». Un obxectivo nada doado xa que o autor atopouse con moitas dificultades para acceder a fontes documentais «e sobre todo para poder transcribir as actas do proceso 1.021, que coido que é a aportación máis importante os traballos da memoria histórica porque ata o de agora non se fixera na medida en que aparece neste traballo», e Xerardo Dasairas conseguiuno grazas a ir traballando coa paciencia dun franciscano para encaixar as pezas «e grazas a ir conseguindo material no Archivo Histórico de Ourense e recollendo as contribucións facilitadas polos investigadores que participaron no Congreso de Narón e noutros foros da memoria». FICHA Título: Verí...