Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

EVENTO: LEMBRANZA A MANUEL SUAREZ CASTRO

Imaxe

03M-1979:40 aniversario das primeiras eleccións municipais tras o franquismo, o compromiso socialista.

Imaxe
. Entre os días 22 de febreiro e 02 de marzo de 1979 o BOP de Ourense publicaba as candidaturas dos diferentes grupos políticos ás eleccións municipais do 03 de marzo de 1979 nos diferentes municipios da provincia. Nunha España aínda en plena transición, onde a manifestación pública de ideas políticas era só cousa das mulleres e dos homes máis comprometidos politicamente, as forzas socialistas divididas naquel intre entre o PSOE e o PSOE-Histórico presentáronse en boa parte dos concellos da nosa provincia co obxectivo, xa non só de normalizar a participación dos cidadáns na vida pública, senón co afán democratizador e transformador da sociedade que sempre caracterizou ós socialistas. As forzas socialistas acadaron un total de 122 concelleiros e 21.328 votos en toda a provincia -96 concelleiros e 16.170 votos do PSOE e 26 concelleiros e 5.158 votos da Sección Histórica-, acadando incluso 5 das 20 alcaldías ás que accedeu o PSOE en toda Galicia (Calvos de Randín, Entrimo, A

Vestixios do Franquismo na provincia de Ourense, a propósito do documento circulado pola Dirección Xeral de Memoria Histórica

Imaxe
Estimados compañeiros, amigos e seguidores todos. Como ben sabedes, a Dirección Xeral para a memoria Histórica do Ministerio de Xustiza do Goberno de España acaba de facer público un documento no que solicita a diferentes municipios do estado  español o cumplimento do disposto na Ley da Memoria Histórica no tocante á retirada de símbolos de enxalzamento do franquismo, fundamentalmente placas conmemorativas e nomenclátor de rúas e prazas. No tocante á nosa provincia, e non tendo aínda coñecemento exacto do contido dese documento, advertimos algunhas eibas importantes, pois vemos que se omite neste documento a concellos como o de Beariz, sobradamente coñecido por manter ao "Generalísimo" nalgunha das súas rúas. É por iso que vos deixo aquí un listado dos lugares e onde advertimos a persistencia de vestixios do franquismo que, esperamos pronto podamos ver correxidos. Prégovos a todos que o revisedes e que en "comentarios" fagades calquera outra aportación, p

Pasou en 1985

Imaxe
Do 11 ó 13 de Xaneiro de 1985 celébrase en Ourense o IV Congreso de  PSdeG-PSOE. Antolín Sánchez Presedo resulta elixido novo secretario xeral e Antonio Rodríguez, Presidente, dunha executiva que recibe o apoio do 28% dos delegados, e unha abstención do 53%. No Congreso participan 162 agrupacións locais.

O nacemento do Centro de Sociedades Obreras de Ourense, o xermolo do movemento obreiro socialista en Ourense.

Imaxe
Como moi ben indica Marcos Valcárcel na súa tese aínda inédita, “a historia do primeiro socialismo ourensán está intimamente ligada á evolución do obreirismo local”. Pese a que dende o ano 1872 os escasos elementos máis progresistas e vencellados ao republicanismo da cidade de Ourense tentaran espallar o ideario da Iª Internacional, haberá que esperar ao ano 1885 para que se cree a Federación Local de la Iª Internacional. Ese mesmo ano chegara a Ourense en demanda de traballo o tipógrafo Antonio Díaz, quen se empregaría na imprenta Rionegro. Segundo todo parece indicar, este home posiblemente viñera fuxindo dalgunha outra localidade galega polas súas ideas progresistas. Pouco tempo despois fundaría, xunto cos irmáns Cadavid e Antonio e Pablo Abad, a Sociedad Obrera Orensana, cuxo domicilio social se atopaba na chamada Casa Gullón, propiedade de José de las Cuevas. Non tardou en ver a luz El cuarto estado, semanario órgano de dita sociedade elaborado por un pequeno grupo