Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Galicia

Tal día coma hoxe en 1904: Celébrase en Vigo o Iº Congreso das Agrupacións Socialistas de Ourense

Imaxe
Entre os días 15 e 27 de novembro de 1904 celebrouse en Vigo O Iº Congreso das Agrupacións Socialistas de Galicia. Este congreso servirá para constituír o Comité Rexional de Agrupacións Socialistas de Galicia, que quedará integrado por Enrique Botana (presidente), José Araújo Pérez (vicepresidente), Constante Fontán García (tesoureiro), José Martín Estevez (secretario), Rogelio Campos, Benito Feijoo e Mauro Caballero (voceiros). A Agrupación Socialista de Ourense estivo representada porlo compañeiro José Vázquez Pardo, ebanista e Presidente da Agrupación Socialista de Ourense naquel momento. FONTE: QUINTAS FERREÑO, Francisco Javier (2012): Historia do momento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936) , Fundación Luís Tilve, Santiago de Compostela, p.43

Lecturas recomendadas: 120 anos do 1º de Maio en Galicia

Imaxe
Rosa María López González Coa publicación deste libro a Fundación Luís Tilve da un primeiro paso á hora de cubrir un dos baleiros máis notables en relación a historia do movemento obreiro en Galicia. Nel rescátase a historia dun dos seus símbolos máis importantes: a celebración do 1º de Maio. Cunha visión de corte histórico-xornalístico a autora repasa a xénese da loita a prol dos dereitos e os logros acadados pola clase traballadora ao longo dos últimos 120 anos en Galicia. Nº de páxs.: 158 pp. 24x17 cm. ISBN: 978-84-95773-15-9  FICHA Título: 120 anos do 1º de Maio en Galicia Autor: Rosa María López González Edita: Fundación Luís Tilve ISBN: 978-84-95773-15-9 

Historia do movemento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936)

Imaxe
Nesta obra, o autor describe minuciosamente a xénese e organización das primeiras sociedades obreiras da provincia de Ourense, facendo especial fincapé na inxente labor levada a cabo polos pioneiros do movemento obreiro na provincia, tales como José Verdes Montenegro, Heriberto Pérez Proenza ou, o tan querido, Manuel Suárez Castro -"Manoliño", como era coñecido agarimosamente na cidade-, que lideraron a loita polos dereitos das clases máis populares, contribuíndo de forma decisiva á construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, aínda a custe das súas vidas.     Francisco Javier Quintas Ferreño (Tui, 1979) é Licenciado en Humanidades, Master en Tic´s aplicadas a Educación pola USC e Máster en Investigación Psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares pola UVigo. Investigador e Delegado da Fundación Luís Tilve en Ourense, tamén colabora como membro do Consello de Redacción da Revista Claridade. A súa labor como historiador céntrase no estu...

As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia

Imaxe
A obra mergullanos na vida de Pablo Iglesias e os seus contactos e reunións cos traballadores galegos e as súas sociedades, así como a súa amizade e confluencia ideolóxica cos líderes locais do socialismo, que comezaba, entón, a configurarse en Galicia dun xeito orgánico. A través de diversas visitas realizadas polo líder socialista entre 1892 e 1915, Emilio Garrido introdúcese nos problemas que dificultan o asentamento da ideoloxía socialista e o desenvolvemento da organización nunha Galicia atrasada e conservadora, e valora especialmente o impulso que Pablo Iglesias lle dá á configuración do Partido Socialista e da UGT nas diferentes localidades e sectores laborais, en estreita colaboración cos que serán os máis fieis seguidores, a proxección da personalidade e do pensamento do dirixente socialista, así como a súa vinculación á Galicia de entre séculos, necesitada de cambios.  O autor, Emilio Garrido Moreira, natural de Zas e licenciado en Historia Contemporanea pola Univers...