Semana do feminismo e o socialismo (III):Isabel Oyarzábal y Guthrie - Smith (1878-1974)
Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público. Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos. Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a Secretaría Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cr...