José Cid Fernández, "Rompefurnas". O alcalde socialista de Paderne de Allariz.
Casado, veciño de Paderne de Allariz e Alcalde socialista do mesmo municipio a partir de febreiro de 1936 (Xestora da Frente Popular). Labrador de profesión, foi o principal organizador da Sociedade Agraria de Paderne, afecta á UGT, así como Secretario da Agrupación Socialista de Paderne e Vocal da Agrupación Socialista de Ousende. Alias "Rompefurnas". Durante o seu mandato é perceptible unha radicalización da vida política local que alcanzará o seu punto culminante coa detención pola Garda Civil do Posto de Esgos de significados dereitistas ni mes de abril. Na sesión do 12 de xuño tamén se acordou a destitución do Secretario José Gil Bueno, considerado contrario á política da Frente Popular, co pretexto dunha serie de alteracións no padrón de cédulas clasificando a unha ducia de contribuíntes con tarefas menores ás que lle correspondían en función da súa contribución rústica e urbana. Ó producirse o golpe atopábase fóra do concello desde o 21 de xuño, cando partiu cara as s