José Verdes Montenegro y Montoro (Madrid, 1865- Méco DF, 1939)
Nacido en Madrid en 1865, foi un dos máis destacados intelectuais do socialismo español. Estudante na Institución Libre de Enseñanza, licenciaríase en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid entre os anos 1885 e 1892. En novembro de 1899 chegaría a Ourense tras obter por concurso a Cátedra de Filosofía no Instituto Provincial, curiosamente ocupada en 1897 polo que anos máis adiante sería outro gran líder do socialismo español, Julián Besteiro. Dende un principio José Verdes implicouse directamente na marcha da vida societaria da cidade, preocupándose fundamentalmente pola formación ideolóxica da clase obreira ourensá. Así pois, tan habituais eran as súas charlas e conferencias no Centro Obreiro como a súa participación en mitins de propaganda. Entre outras conferencias impartiu algunhas como El socialismo, la herencia y la propiedad, El socialismo y la familia, El trabajo y sus leyes, El socialismo y los ahorros e un longo etcétera. En 1901 acudirá como candidato...