Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Transición

Protagonistas na Transición: Celso Montero Rodríguez (1930-2003)

Imaxe
Nacido en Quintela de Leirado en 1930, foi membro do goberno pre-autonómico galego e senador do PSOE pola provincia de Ourense. Fillo dun emigrante en Guinea Ecuatorial, as penurias económicas determinaron que estudiara no Seminario de Ourense. Ordenado sacerdote, estudou a carreira eclesiástica na Universidade Pontificia de Comillas (Santander). En 1965, no seminario de Cochabamba (Bolivia) coincidiu con compañeiros que se unirían á guerrilla que iniciara o Ché Guevara. Os seus contactos co marxismo foron da man de Régis Debray, pero unha decepcionante visita a La Habana en 1969 fano reflexionar sobre os seus posicionamentos políticos. Xa de volta en Ourense abandona os hábitos por mor de certos enfrontamentos co conservador bispo Monseñor Temiño. En 1976, da man do xornalista Alfonso Palomares e outros compañeiros da provincia fundou e organizou o PSOE ourensán. Foi un dos catro representantes socialistas galegos na Lexislatura Constituínte (1977-1979) procedente da Candidatura De...

José Sueiro Martínez: a xeración de enlace entre o republicanismo e o constitucionalismo do 1978

Imaxe
José Sueiro (Foto: Jesús Regal / Faro de Vigo) Nacido en 1919, foi fillo de Manuel Sueiro, histórico mestre republicano ourensán, membro da ATEO, da Federación Republicana de Ourense, Director da Academia General e membro do PRRS que foi perseguido, enviado a prisión e inhabilitado para o exercicio da docencia durante o franquismo. Tamén mestre de profesión coma o seu pai, e irmán da coñecida mestra do Colexio Sueiro, Pacita Sueiro, exerceu en diversos centros da provincia ata a súa xubilación. José Sueiro iniciou a súa formación como mestre segundo os plans de formación dos mestres da República, abortados polo alzamento militar de 1936. En 1979, nas primeiras eleccións municipais da democracia, foi candidato á alcaldía de Ourense nas listas do PSOE. Acadou acta de concelleiro xunto con  con Juan Manuel Iglesias Rivera, Manuel Veiga Pombo, Manuel Rebollo Manzano e Manuel Estévez García. Dimitiu como concelleiro en 1981 por considerar indigno que persoas con outra profesión...

Armando Pompilio Fernández Mazas, o mestre da ATEO que refundou a FETE-UGT

Imaxe
Nacido en Ourense, o 30 de xaneiro de 1905, estudou na Escola Normal de Ourense, onde se graduou como mestre. No primeiro bienio republicano foi mestre na localidade e Bóveda (Amoeiro) e entrou en contacto coa Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), organización que en 1936 acaba adheríndose á FETE-UGT. No ano 1932 gaña en propiedade a súa praza de mestre en Vilariño (Pereiro de Aguiar). Militou no POUM e nas Xuventudes Socialistas Unificadas, sendo habitual colaborador no xornal antifascista ourensán Espartaco e na revista da ATEO Escuela del Trabajo. Co alzamento militar fuxe cara Castro Caldelas e entre os anos 1942 e 1947 refúxiase en Castro Leboreiro cunha identidade falsa. Instálase despois en Valencia, onde é detido co seu amigo Juan Rodríguez Dever en 1955 e trasladado á prisión de Carabanchel. En 1963 reincorpórase ao maxisterio, primeiro na illa da Gomera e despois en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975. Foi fundador no ano 1977 da FETE-UGT, da que ...

Armando Fernández Mazas: o pioneiro na recuperación da memoria histórica en Ourense

Imaxe
Armando Fernández Mazas, esquecido mesmo polos seus propios correlixionarios, foi un destacado membro da ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense) nos tempos da IIª República. Mestre de profesión, pasou polas escolas de Bóveda de Amoeiro e Villariño en Pereiro de Aguiar, sendo un profesional comprometido co ideario republicano e progresista. Ideoloxicamente estaba situado podería ser definido como troskista, tendo militado en Izquierda Comunista de España e no POUM, así como afiliado á UGT tras o ingreso da ATEO na FETE (Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza). Tras o Golpe de Estado de 1936, fuxe e permanece escondido en Castro Caldelas e Castro Leboeiro cunha identidade falsa, pasando despois a vivir en Valencia ata que é detido en 1955. A partir de 1963 reincorpórase ao maxisterio, exercendo na Gomera e en Pombeiro, no concello lugués de Pantón, ata a súa xubilación en 1975. Coa morte de Franco participa na reorganización do PSOE en Ourens...