Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Adolfo Rodríguez Ansias

Adolfo Rodríguez Ansias: o mestre da ATEO que viviu 28 anos emparedado

Imaxe
Rondíguez Ansias (2º pola esquerda) acompañado doutros membros da ATEO Orixinario de San Cibrao das Viñas e ideoloxía radical-socialistas, Adolfo Rodríguez Ansias era mestre republicano na escola de Bóveda (Amoeiro). Membro da ATEO, que en 1936 se adherira á FETE-UGT, foi tamén administrador da revista Escuela del Trabajo e o Boletín ATEO. Adolfo fora detido o 28 de outubro de 1934 baixo a acusación de inxurias ó réxime, cuxa causa foi sobresida. Contrario a levar ós nenos á igrexa, e identificado como inimigo do caciquismo, converteuse en branco da persecución tras a sublevación de xullo do 36. O seu foi un símbolo de extrema supervivencia, pois conseguiu eludir a súa detención permanecendo agochado nun zulo construído na vivenda dos seus tío en Ourense. O nonaxenario Carlos Domínguez (da familia dos “Capóns” de Bóveda) lembra a fuxida do mestre a través da historia que lle contara un familiar deste: “levárono oculto nun carro de uces dende Bóveda ata á Praza do Ferro” (en galego ...

As Xuventudes Socialistas de Ourense (1904-1936)

Imaxe
Francisco Javier Quintas Ferreño, Delegado en Ourense da Fundación Luís Tilve, Secretario de Memoria Histórica do PSdeG de Ourense.  Malia que nos últimos anos se teñen feito importantes avances  no estudo do movemento obreiro e o socialismo en Galicia, o certo é que non sempre se atendeu adecuadamente o estudo da xa centenaria organización xuvenil JJ.SS.EE, tampouco na provincia de Ourense. É por iso que, co afán de esclarecer un pouco este importante aspecto do movemento obreiro socialista na súa primeira etapa de historia, animámonos elaborar este pequeño artigo que, esperamos, sirva de inspiracións para os novos militantes desta organización. O nacemento das XX.SS.EE. A finais do século XIX, diversos países europeos ven aparecer as primeiras organizacións xuvenís de socialistas. Nembargante, haberá que esperar ó V Congreso Internacional Socialista, celebrado en París no ano 1900, para que algúns partidos socialistas comecen a interesarse por organizar os ...