Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2018

Pasou en 1906

Imaxe
O 29 de xuño, inaugúrase en Ourense o II Congreso dos Socialistas Galegos. Enrique Botana é reelixido Presidente do Comité Rexional, organismo que seguirá tendo a súa sede en Vigo. 

O PSdeG-PSOE analizará o papel clave dos socialistas na consecución do Estatuto de Autonomía de Galicia

Imaxe
O PSdeG-PSOE de Ourense analizará nunha mesa de debate o papel clave dos socialistas na consecución do estatuto de autonomía de Galicia. Durante o proceso de elaboración da actual norma institucional básica galega, os socialistas loitaron especialmente para que o texto resultante se aproximase o máximo posible ó espírito progresista, para a máxima asunción de competencias, e para que puidese ser presentado nas Cortes Xerais o 28 de xuño, xusto no 43º aniversario do plebiscito ó primeiro estatuto, que non chegou a entrar en vigor por culpa do golpe de estado fascista dos franquistas e o posterior inicio da guerra. Mesa debate viernes sede PSOE O acto organizado pola secretaría provincial de memoria histórica terá lugar o vindeiro venres día 22 de xuño ás 20:30 horas na sede provincial do partido, e contará coa presenza de José Vázquez Fouz, figura política nuclear para acadar o estatuto galego, e de Carlos Pereira Martínez, militante do partido e biógrafo do socialista galeguista

Pasou en 1911

Imaxe
No mes de xullo do 1911, e no Centro Obreiro de Ourense, celebrouse o IV Congreso da Federación Socialista de Galicia. Acordouse que sexa Vigo o lugar onde resida o Comité Rexional da Federación.

A primeira estrutura provincial da historia do socialismo ourensán: A Federación Agraria e de Colectividades Socialistas de Ourense (1931)

Imaxe
A estrutura provincial das forzas socialistas, malia o que poida parecer, non é nin moito menos a máis tradicional no seo do noso partido. Tal é así que tan só temos que retrotraernos ao ano 2009 para ver como o PSdeG apostaba pola vixente configuración, a cal o paso do tempo non parece terlle sentado ben. Sen entrar en maiores consideracións, desexamos lembrar aquí á que realmente foi a primeira organización de carácter provincial das forzas socialistas, pois en boa medida é descoñecida polo público en xeral. O crecemento experimentado polo socialismo durante os anos ´20 e o novo horizonte aberto tras a instauración da IIª República, que traerá consigo un novo e notable incremento dos efectivos socialistas e uxetistas en toda a provincia, obrigou ao PSOE e á UGT a unha nova reorganización dos seus efectivos co obxectivo coñecer con maior exactitude a dimensión e implantación das súas sociedades, mellorar a coordinación e comunicación coas células locais e contruír as sólidas base