José Sueiro Martínez: a xeración de enlace entre o republicanismo e o constitucionalismo do 1978
José Sueiro (Foto: Jesús Regal / Faro de Vigo) Nacido en 1919, foi fillo de Manuel Sueiro, histórico mestre republicano ourensán, membro da ATEO, da Federación Republicana de Ourense, Director da Academia General e membro do PRRS que foi perseguido, enviado a prisión e inhabilitado para o exercicio da docencia durante o franquismo. Tamén mestre de profesión coma o seu pai, e irmán da coñecida mestra do Colexio Sueiro, Pacita Sueiro, exerceu en diversos centros da provincia ata a súa xubilación. José Sueiro iniciou a súa formación como mestre segundo os plans de formación dos mestres da República, abortados polo alzamento militar de 1936. En 1979, nas primeiras eleccións municipais da democracia, foi candidato á alcaldía de Ourense nas listas do PSOE. Acadou acta de concelleiro xunto con con Juan Manuel Iglesias Rivera, Manuel Veiga Pombo, Manuel Rebollo Manzano e Manuel Estévez García. Dimitiu como concelleiro en 1981 por considerar indigno que persoas con outra profesión...