Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2023

EVENTO: AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OURENSE CELEBRAMOS O 127º ANIVERSARIO DA SÚA CONSTITUCIÓN

Imaxe
  Na tarde de onte as compañeiras e compañeiros da AS de Ourense celebramos o 127º aniversario da constitución da nosa agrupación local. O evento, organizado pola Secretaría de Memoria Histórica dirixida polo compañeiro Xose Lois Carrión, contou cunha nutrida participación de afiliadas e afiliados da nosa cidade, así como a representación  da Fundación Luís Tilve, arquivo histórico do PSdeG-PSOE en Galicia. Interviron no evento, por esta orde, o compañeiro Xose Lois Carrión - como mestre de cerimonias e Sº de Memoria Histórica -, Natalia González Benéitez - Sª Xeral da Agrupación Local-, Francisco Javier Quintas - afiliado da agrupación, historiador e delegado en Ourense da Fundación Luís Tilve- e Alba Iglesias - Sª de Xuventudes Socialistas e concelleira na capital ourensá-. Asemade, participaron coa aportación das súas saúdas a través de vídeo as compañeiras Carmen Rodríguez Dacosta - parlamentaria autonómica e membro da UGT-, ;Marga Martín - deputada nas Cortes- e  o Secretario xera