Estimados compañeiros, amigos e seguidores todos. Como ben sabedes, a Dirección Xeral para a memoria Histórica do Ministerio de Xustiza do Goberno de España acaba de facer público un documento no que solicita a diferentes municipios do estado español o cumplimento do disposto na Ley da Memoria Histórica no tocante á retirada de símbolos de enxalzamento do franquismo, fundamentalmente placas conmemorativas e nomenclátor de rúas e prazas. No tocante á nosa provincia, e non tendo aínda coñecemento exacto do contido dese documento, advertimos algunhas eibas importantes, pois vemos que se omite neste documento a concellos como o de Beariz, sobradamente coñecido por manter ao "Generalísimo" nalgunha das súas rúas. É por iso que vos deixo aquí un listado dos lugares e onde advertimos a persistencia de vestixios do franquismo que, esperamos pronto podamos ver correxidos. Prégovos a todos que o revisedes e que en "comentarios" fagades calquera outra aportación, p...