Vestixios do Franquismo na provincia de Ourense, a propósito do documento circulado pola Dirección Xeral de Memoria Histórica


Estimados compañeiros, amigos e seguidores todos.

Como ben sabedes, a Dirección Xeral para a memoria Histórica do Ministerio de Xustiza do Goberno de España acaba de facer público un documento no que solicita a diferentes municipios do estado  español o cumplimento do disposto na Ley da Memoria Histórica no tocante á retirada de símbolos de enxalzamento do franquismo, fundamentalmente placas conmemorativas e nomenclátor de rúas e prazas.

No tocante á nosa provincia, e non tendo aínda coñecemento exacto do contido dese documento, advertimos algunhas eibas importantes, pois vemos que se omite neste documento a concellos como o de Beariz, sobradamente coñecido por manter ao "Generalísimo" nalgunha das súas rúas.

É por iso que vos deixo aquí un listado dos lugares e onde advertimos a persistencia de vestixios do franquismo que, esperamos pronto podamos ver correxidos.

Prégovos a todos que o revisedes e que en "comentarios" fagades calquera outra aportación, pois ninguén mellor ca vós coñece cada un dos máis pequenos recunchos da nosa provincia onde aínda pode pervivir algún destas rémoras do pasado. Asemade, se advertides algún erro no listado, por teren sido correxidas, non deixedes de poñervos en contacto comigo facendo un comentario ou enviando unha mensaxe privada neste blog ou nas redes sociais.

Unha vez revisado e completado o documento, seralle remitida unha copia desde a Secreatría de Memoria Histórica dos PSdeG-PSOE de Ourense para que a Dirección Xeral de memoria Histórica do Ministerio de Xustiza obre oportunamente instando ás entidades públicas ou privadas implicadas.

VESTIXIOS FRANQUISTAS EN OURENSE*
*A consulta para a localización destes enclaves fíxose, ademáis de mediante algunhas visitas in situ, a través de Google Maps, polo que poden existir erros que sería bo localizar para tamén poñer en coñecemento desta corporación.

• ALLARIZ: Placa de mármore en honor aos caídos na Igrexa de Santiago da vila alaricana.

A VEIGA: Varias fontes con símbolos falanxistas en pobos do municipio.

BANDE: Camiño General Franco-A, Camiño General Franco-B, Travesía de José Antonio, Rúa Alférez Provisional, Callejón Calvo Sotelo, Camiño General Aranda, Pasaxe General Aranda.

BEADE: Rúa del Caudillo.

BEARIZ: Nomes de rúas como Praza de José Antonio, Avda., Rúa do Generalísimo e Avda. de Carrero Blanco.

CARBALLIÑO: CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo. José Calvo Sotelo, líder das dereitas, ministro de Hacienda baixo a ditadura de Primo de Rivera e diputado por Ourense, foi considerado un protomártir do Movemiento Nacional. Tamén: Rúa Conde Vallellano. O Conde de Vallellano, Fernando Suárez de Tangil, Grande de España, foi un personaxe franquista, que tivo relevantes postos, tais como Alcalde de Madrid (durante a Dictadura de Primo de Rivera), Presidente de la Cruz Vermella (1936-41), Ministro de Obras Públicas, Presidente del Consello de Estado, académico da Real Academia de Ciencias Moraies, etc.

CELANOVA: Avda. López Blanco (xoven franquista morto na guerra civil). Hai un acordo –desde hai cando menos dous anos- do  pleno  do Concello para o seu cambio pola de Avda. de Miguel Ángel Blanco, aínda sen executar.

ENTRIMO: Rúa Leopoldo de Castro. Leopoldo de Castro foi fundador das JONS en 1931 e dirixente local da mesma. Hai xa un acordo plenario – moi recente, e creo que pendente de execución- para substituir o seu nome polo de Erundina Álvarez, única muller fusilada tras un proceso sumario.

MACEDA: Praza do General Franco.

MELÓN: Praza de José Antonio, frente ao mosteiro de Melón. Tamén  Rúa Calvo Sotelo.

O BARCO DE VALDEORRAS: Rúa Dieciocho de Julio e Praza de Calvo Sotelo.

OURENSE: Praza Alférez Provisional, placas falanxistas en edificios erixidos polo franquista Instituto Nacional da Vivienda (Bonhome, o Couto, o Polvorín). Na catedral de Ourense obsérvase simboloxía de exaltación da guerra civil e a ditadura, concretamente na primera columna da nave central á man esquerda mirando cara o altar, unha placa co texto: Caminante: "Esa lámpara votiva, / que á los pies del Señor monta la guardia / con la alabarda de oro / eternamente enhiesta de su llama, / simboliza el recuerdo, inextinguible / en la tierra orensana, / de aquellos inmortales campeones / que, heroicos, dieron a la Madre España la sangre que hacía falta á su bandera / de vergüenza y dolor amoratada. / Caminante: La tierra de esos mártires te pide un "Padre Nuestro" por sus almas". Tamén ten un escudo franquista grabado dentro dunha cruz.

RIBADAVIA: Na fachada da Praza de Abastos, na rúa Banda A Lira, aínda permanece unha placa coa denominación franquista da mesma, "General Queipo de Llano".

SAN CRISTOVO DE CEA: Rúas José Antonio e Calvo Sotelo.

VERÍN: Na praza na que conflúen as rúas da Cruz e de Mariano Carrero leva o nome dun maxistrado franquista (Edesio Fuentes) que condenou a presos políticos da localidade á pena capital, aínda que despois lla conmutase por cadea perpetua. A comisaría de Policía Nacional ten na súa fachada un escudo preconstitucional en pedra.

XUNQUEIRA DE AMBÍA: Símbolos franquistas en fontes de pobos do concello (xugo con frechas) e Praza de Primo de Rivera; na casa prioral loce a efixie do ditador desgastada polo paso do tempo na Praaza Bispo Carrascosa.
 

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz