03M-1979:40 aniversario das primeiras eleccións municipais tras o franquismo, o compromiso socialista.

. Entre os días 22 de febreiro e 02 de marzo de 1979 o BOP de Ourense publicaba as candidaturas dos diferentes grupos políticos ás eleccións municipais do 03 de marzo de 1979 nos diferentes municipios da provincia. Nunha España aínda en plena transición, onde a manifestación pública de ideas políticas era só cousa das mulleres e dos homes máis comprometidos politicamente, as forzas socialistas divididas naquel intre entre o PSOE e o PSOE-Histórico presentáronse en boa parte dos concellos da nosa provincia co obxectivo, xa non só de normalizar a participación dos cidadáns na vida pública, senón co afán democratizador e transformador da sociedade que sempre caracterizou ós socialistas. As forzas socialistas acadaron un total de 122 concelleiros e 21.328 votos en toda a provincia -96 concelleiros e 16.170 votos do PSOE e 26 concelleiros e 5.158 votos da Sección Histórica-, acadando incluso 5 das 20 alcaldías ás que accedeu o PSOE en toda Galicia (Calvos de Randín, Entrimo, A...