Celso Vila Rodríguez: Secretario da ATEO, xermolo da FETE-UGT de Ourense


Nacido o 13 de novembro de 1912 e natural de Ourense, Celso Vila Rodríguez traballou desde 1930 como mestre nacional en O Viso, por aquel tempo localidade pertencente ao veciño concello de Canedo. É a partires de 1931 cando Celso Vila, como a inmensa maioría dos mestres republicanos ourensáns, se afilia á ATEO, organización sindical de docentes que en 1936 acabará por ingresar na FETE-UGT. Na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO) participará moi activamente, de tal modo que ocupará por un tempo a Secretaría Xeral desta sociedade obreira socialista.

Desde abril de 1934 estivo afiliado ás Xuventudes Socialistas de Ourense, sendo detido durante cinco días en outubro de 1934 por mor das súas actividades na folga revolucionaria.Ingresou na Agrupación Socialista de Ourense en xaneiro de 1936 e, producido o golpe de Estado, permañeceu oculto ata xullo de 1939.

O 18 de xullo de 1939 pasou a fronteira portuguesa por Vilardevós, chegando ata Trabancas e posteriormente Lisboa, onde embarcou o 30 de setembro no vapor Colonial -como súbdito cubano- rumbo a México, onde arribou en outubro dese mesmo ano.

En terras americanas pertenceu á Agrupación Socialista Española e á Alianza Nacional Gallega, da cal foi o seu Secretario de Xuventude en 1943.

FONTES:


Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz