José Sueiro Martínez: a xeración de enlace entre o republicanismo e o constitucionalismo do 1978

José Sueiro
(Foto: Jesús Regal / Faro de Vigo)

Nacido en 1919, foi fillo de Manuel Sueiro, histórico mestre republicano ourensán, membro da ATEO, da Federación Republicana de Ourense, Director da Academia General e membro do PRRS que foi perseguido, enviado a prisión e inhabilitado para o exercicio da docencia durante o franquismo. Tamén mestre de profesión coma o seu pai, e irmán da coñecida mestra do Colexio Sueiro, Pacita Sueiro, exerceu en diversos centros da provincia ata a súa xubilación. José Sueiro iniciou a súa formación como mestre segundo os plans de formación dos mestres da República, abortados polo alzamento militar de 1936. En 1979, nas primeiras eleccións municipais da democracia, foi candidato á alcaldía de Ourense nas listas do PSOE. Acadou acta de concelleiro xunto con  con Juan Manuel Iglesias Rivera, Manuel Veiga Pombo, Manuel Rebollo Manzano e Manuel Estévez García. Dimitiu como concelleiro en 1981 por considerar indigno que persoas con outra profesión cobraran por exercer como edís no concello. Faleceu en Ourense o 05 de xuño de 2010, aos 91 anos de idade. Seu Sobriño, Gonzalo Iglesias Sueiro, foi Delegado de Educación en Ourense no goberno socialista de Emilio Pérez Touriño.

FONTE:
  • Faro de Vigo, 06.06.2010/ La Voz de Galicia. Ed. Ourense, 27/03/2007

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz