José Verdes Montenegro y Montoro (Madrid, 1865- Méco DF, 1939)


Nacido en Madrid en 1865, foi un dos máis destacados intelectuais do socialismo español. Estudante na Institución Libre de Enseñanza, licenciaríase en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid entre os anos 1885 e 1892. En novembro de 1899 chegaría a Ourense tras obter por concurso a Cátedra de Filosofía no Instituto Provincial, curiosamente  ocupada en 1897 polo que anos máis adiante sería outro gran líder do socialismo español, Julián Besteiro. Dende un principio José Verdes implicouse directamente na marcha da vida societaria da cidade, preocupándose fundamentalmente pola formación ideolóxica da clase obreira ourensá. Así pois, tan habituais eran as súas charlas e conferencias no Centro Obreiro como a súa participación en mitins de propaganda. Entre outras conferencias impartiu algunhas como El socialismo, la herencia y la propiedad, El socialismo y la familia, El trabajo y sus leyes, El socialismo y los ahorros e un longo etcétera. En 1901 acudirá como candidato ás eleccións xerais por Ourense, aínda que marchará pouco tempo despois cara o seu definitivo destino en Alacante como Catedrático de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Dereito Usual no Instituto. Foi contrario á Conxunción Republicano-Socialista o que o levou a fortes enfrontamentos coa dirección do PSOE, sobre todo no X Congreso do PSOE en 1915. Partidario da IIª Internacional, abandonou o partido en 1921, aínda que ingresará en 1933 na Agrupación Socialista de Madrid. Durante a Guerra Civil foi catedrático de Filosofía en Barcelona, marchando ao exilio en México a bordo do Sinaia en xuño de 1939. O 31 de decembro dese mesmo ano falece en México DF.

FONTES:


Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz