José Cernadas Pérez: un ourensán no corazón do socialismo español.

Natural de Santiago de Compostela (29.01.1880), iniciou a súa carreira sindical e profesional en Ourense. Segundo toma Borobó de Juan José Morato, José Cernadas “rexentou sucesivamente as mellores imprentas de Ourense, onde se estampaban sendos xornais locais, este de esquerda – El Miño, de Vicente Pérez – e outro de dereita – El Eco de Orense –”. Morato caracterízao coma un operario que dominaba o oficio na súa integridade, que tiña unha cultura pouco común e unha grande facilidade de palabra. Orador elocuente, podía ser considerado un habilísimo político. Para mellorar economicamente trasladouse a Vigo, traballando no seu oficio e ocupando diferentes cargos na Agrupación Socialista e na sección Tipográfica. En Ourense destacou por ser un importante orador e organizador de Sociedades Agrarias e Oficios Varios no entorno da cidade. Na primeira década do S.XX Cernadas marcha para Madrid, ingresando o 03.10.1910 na emblemática Asociación General del Arte de Imprimir. Foi elixido vi...