José Cernadas Pérez: un ourensán no corazón do socialismo español.
Durante a súa estadía en Ourense cultivou unha profunda e directa amizade con Manuel Suárez Castro. Segundo declaracións da súa filla, Dolores Suárez Bretaña, tras o fusilamento de seu pai foron visitar a Madrid a José Cernadas en varias ocasións, perdéndose posteriormente a relación.
Detido ao finalizar a Guerra Civil, a súa causa foi sobresida e foi posto en liberdade aos veinte días. Volveu ser detenido en marzo de 1941 acusado de ser cobrador do Comité Nacional do Socorro Rojo Internacional, sendo internado na prisión de Santa Engracia e posto de novo en liberdade sen ser encausado. Ao constituirse a Segunda Comisión Executiva Nacional do PSOE no interior, Eduardo Villegas e José Castro propuxéronlle sustituír a Claudina García Pérez como delegado dea UGT no Comité da Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas. Como integrante do mesmo foi detenido o 22 de outubro de 1945 e condenado en Consello de Guerra celebrado en agosto de 1947 a dous anos de cárcere. Faleceu en Madrid o 28 de xuño de 1971.
Nin esquecemos, nin perdoamos.
O noso recoñecemento ós mártires da liberdade, a democracia e a xusticia social.
FONTES:
QUINTAS FERREÑO, Francisco Javier (2012): Historia do movemento obreiro socialista en Ourense (1895-1936), Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.
FUNDACIÓN PABLO IGLESIAS: http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico/biografias/4103_cernadas-perez-jose , consultado o 21.01.2018.